Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA EXTÉNDESE ÓS INSTITUTOS E CENTROS DE MAIORES, DANDO SERVIZO A 5.000 PERSOAS EN TOTAL
Os destinatarios poderán practicar nun simulador de conducción, recibirán charlas e realizarán saídas en bicicleta dando a volta á ría.
Narón, 2 de Febreiro de 2011.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Ramón Padín, ofreceu hoxe unha rolda de prensa acompañado polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado polo policía Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos) na que se fixo un balance das actividades desenvolvidas por esta área no último ano, e se avanzaron algunhas novidades que incorpora o programa de Educación Vial Municipal de cara ó ano 2011. Así, o delegado de Seguridade Cidadá lembrou as oríxenes deste programa, iniciado no ano 2007 no CEIP de A Solaina e exportado ó ano seguinte ó resto dos colexios de Narón, nos que actualmente existe un circuito de educación viaria e un profesor en cada colexio que se encarga da coordinación co Concello. O programa de Educación Viaria está renovado ata o ano 2013, e o goberno municipal aporta un total de 29.000 euros anuais para a súa realización. “É unha cantidade importante para un concello coma o noso, supón un esforzo económico considerable pero ó mesmo tempo, é unha inversión totalmente necesaria e que aínda habería que incrementar máis, no caso de que houbese diñeiro para poder realizalo”, declarou Ramón Padín. Actualmente, as clases de educación vial convocan a 2.500 nen@s de Educación Infantil e Educación Primaria dos colexios públicos e concertados de Narón (Ponte de Xuvia, Jorge Juan, A Solaina, A Gándara, Piñeiros, Santiago Apóstol, Ayala, O Feal e o CRA). Con estos centros tamén se realizaron rutas en bicicleta, coñecendo lugares do municipio coma o Castro de Eiravedra, a Pena Molexa, ou o Museo da Policía Local de Narón. As marchas teñen unha duración aproximada de tres horas, e inclúen unha explicación histórica e didáctica sobre os lugares que están a visitar os escolares, a cargo da auxiliar de arquivo Anabel Bello. Pero ademáis, o proxecto fíxose extensible a alumnos/as de Secundaria e a persoas da Terceira Idade, a través de charlas sobre esta materia nas que se pretende incidir na importancia da educación vial e o respeto ás normas básicas de circulación. En total, o número de persoas que se viron beneficiadas destas orientacións foi de 5.000, segundo apuntou o Concelleiro. De cara a este ano 2011, o Concello de Narón continuará coa formación viaria dos estudiantes pero abrirá o programa ós IES Terra de Trasancos e As Telleiras, realizando con eles marchas ciclistas seguras, nas que os alumnos e alumnas dan a volta á ría en bicicleta. De momento, no primeiro trimestre desta ano sairán os alumnos de 1º da ESO e no segundo trimestre se incorporarán os de 2º da ESO. “Queremos ir, pouco a pouco introducindo ó resto de centros concertados do municipio nesta nova iniciativa”, sinalou un dos coordinadores, Simón Cabarcos. Os centros de Persoas Maiores son outros dos puntos de interese nos que traballará o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Así, a estos espazos públicos se levará un simulador de conducción no que os usuarios poderán practicar para mellorar a súa técnica. Este mesmo aparato tamén se trasladará ata os Institutos de Educación Secundaria (IES) nos que se ensinará ós estudiantes a forma máis axeitada de circular con seguridade. Respecto a outras iniciativas en materia de Educación Vial, o policía Pedro Caneiro anunciou que a Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón xa ten data. Será o dia 20 de maio. Tamén estase a traballar na creación dun libro electrónico sobre educación vial no que participarán os escolares dos colexios nos que se desenvolve o programa. Ademáis, dende o Concello de Narón continuarase potenciando o uso da bicicleta como vehículo de transporte. Polo momento, xa están instalados aparcadoiros de bicicletas en once puntos diferentes do municipio, creando un total de 96 postos repartidos como sigue: -Avenida de Cataluña (frente ó centro comercial e de ocio “Dolce Vita Odeón”), 10 aparcadoiros. -Exterior do Polideportivo de A Gándara, 10 aparcadoiros. -Exterior da Casa da Mocidade, 8 aparcadoiros. -Exterior do Pazo da Cultura, 10 aparcadoiros. -Exterior da Biblioteca Municipal do Alto, 6 aparcadoiros. -Exterior da Casa do Concello, 10 aparcadoiros. -Exterior do Polideportivo Campo da Serra, 8 aparcadoiros. -Exterior do Pavillón Polideportivo de As Lagoas, 8 aparcadoiros. -Exterior do Local Social de Piñeiros, 8 aparcadoiros. -Exterior do Pavillón Polideportivo de A Solaina, 8 aparcadoiros. -Rúa Marcial Calvo (xunto ó Paseo Marítimo de Xuvia), 10 aparcadoiros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal