Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE O PLAN PARA CONSTRUIR O NOVO CENTRO DE SAUDE
A XUNTA INFORMA FAVORABLEMENTE O PLAN PARA CONSTRUIR O NOVO CENTRO DE SAUDE
O Concello ten elaborado un Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, e negociará con tódolos propietarios das parcelas antes de iniciar a expropiación.
Narón, 7 de Febreiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu hoxe por fax o informe previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en Freixeiro, para a construcción do novo centro de saúde do municipio. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autoriza así o Plan Especial redactado polo Concello de Narón para a implantación desta infraestructura sanitaria.

O Concello de Narón levará á Comisión de Obras do vindeiro 14 de febreiro este Plan Especial para o seu dictame, e despois será debatido para a súa aprobación definitiva no Pleno Ordinario do 24 de febreiro.

Paralelamente, na Comisión de Contratación, Persoal e Especial de Contas que se celebrará o día 17 de febreiro, prantexarase a expropiación –mediante o sistema de tasación conxunta- dos terrenos afectados por este Plan Especial, que tamén deberá ser aprobada no mesmo Pleno Ordinario do mes de febreiro.

A continuación, o Concello notificará a expropiación dos terrenos ós propietarios afectados e manterá a exposición pública esta información. Cando finalice este proceso, o Pleno da Corporación Municipal aprobará definitivamente a expropiación, decretándose así a urxente ocupación dos terrenos.

A este respecto, o Alcalde de Narón declarou a súa disponibilidade a negociar “dende sempre con tódolos propietarios, para chegar a un acordo que nos permita non ter que recurrir á expropiación, aínda que dada a importancia deste asunto, se é preciso o realizaremos”, salientou José Manuel Blanco.

O Concello de Narón dispón dende o ano 2010 dunha partida presupostaria dos Orzamentos Municipais de 850.000€ para a compra dos terrenos, unha cantidade máis que suficiente para facer frente á súa parte do compromiso formalizado coa Xunta de Galicia no ano 2008, que incluía a redacción deste Plan Especial de Dotacións en Freixeiro. A administración autonómica debería facerse cargo do proxecto e da construcción do edificio e do aparcamento.

Así se reflexa nun protocolo de intencións asinado co anterior goberno autonómico, que debería terse formalizado nun convenio máis concreto , tal e como fixo a Xunta de Galicia co Concello de Lalín recentemente. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco ten enviado ata o momento duas cartas á actual Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, instándolle a firmar entre o Concello e a Xunta un documento no que se concreten as partidas orzamentarias e os prazos de execución do novo Centro de Saúde. Ata o momento, non se recibíu resposta da Consellería de Sanidade sobre este asunto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal