Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO PARQUE TEMÁTICO RURAL ALDEA NOVA
Haberá obradoiros de fotografía, de reciclaxe de roupa, de restauración de maquinaria agrícola, e un curso de cata de viños galegos.
Narón, 9 de febreiro de 2011.- O Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural Aldea Nova (Sedes) inicia unha nova etapa de dinamización das súas instalacións, cunha completa e variada programación de actividades que se desenvolverá ó longo dos vindeiros meses. Está previsto o desenvolvemento dos seguintes obradoiros: -OBRADOIRO DE RECICLAXE DE ROUPA. Días 16, 17, 24 e 25 de marzo de 2011. Horario: de 19:00 a 21:00 horas. Destinado a afeccionados á moda, ó sector textil e á innovación e creatividade. O prezo de asistencia ó curso é de 40€. Para a realización do mesmo, é preciso un mínimo de 20 participantes. -TALLER DE FOTOGRAFÍA DE NATUREZA. Días 11, 12 e 13 de marzo de 2011. Destinatarios: fotógrafos profesionais e afeccionados, interesados na fotografía da naturaleza e de paisaxes. Hai dispoñibles 25 prazas, e existen duas modalidades de inscripción: Modalidade 1: inclúe aloxamiento e manutención. Precio: 250 € Modalidade 2: Non inclúe aloxamiento nen manutención. Precio: 195 € Obxetivos:cómo sacar o maior partido ós equipos fotográficos e mellorar a nosa técnica fotográfica son os obxetivos deste obradoiro, que estará impartido polo mestre Oriol Alamany Sesé Oriol Alamany Sesé (Barcelona, 1958). Estudiou Deseño Gráfico na Escola Superior de Disseny Elisava (1980), e traballa como fotógrafo especializado en temas de natureza, patrimonio e viaxes, sendo un dos máis recoñecidos profesionais do país nestos xéneros fotográficos. A súa obra fotográfica e os seus escritos foron publicados en centenares de libros e reportaxes en revistas e periódicos. Entre moitas outras publicacións, destacan National Geographic, BBC Wildlife, Viaxes-National Geographic, Lonely Planet, GEO, Altaïr, Terre Sauvage, Historia-National Geographic, El País, El Periódico ou La Vanguardia. Os seus traballos son representados por diversas axencias fotográficas arredor do mundo. -VITICULTURA GALEGA: SENSACIÓNS DA NOSA TERRA. Días 1, 8, 15, 22 e 29 de marzo de 2011. Destinatarios: afeccionados ó mundo do viño. Personas que deseen profundizar no coñecemento da cata de vinos e a enoloxía en xeral. Profesionais da hostelería e a restauración. Localización: Estas xornadas se desenvolverán no muiño do Camping de Pedroso. Ó longo de cinco xornadas, os aficionados ó viño poderán realizar unha viaxe polos sentidos gustativo, olfativo e visual apreciando algúns dos mellores caldos das Denominacións de Orixe galegas. Cada martes do mes de marzo, entre as 20:00 h e as 22:30 h, no muiño do camping de Pedroso, se realizará unha cata de viños de diferentes e prestixiosas boegas galegas. Acompañará á cata de viños, unha degustación de tapas de Casa Pendás. Bodegas: D.O. Rias Baixas Bodegas Albamar D. Xurxo Alba D.O. Monterrei Bodegas Quinta do Buble D. Jose Martinez Juste D.O. Valdeorras Bodega a Coroa D. Ricardo Dobao D.O. Ribeiro Bodega Pazo Casanova D. Pedro Casanova D.O. Ribeira Sacra Bodega Via Romana Sumiller: Sonia González Martínez Cociñeíro: Alfonso Pendás Precio: Asistencia ó curso completo de cata de viños (cinco jornadas): 100 € Asistencia días sueltos: 25 € por día -CURSO DE RESTAURACIÓN E MUSEALIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA DE VALOR ETNOGRÁFICO. Días: sábados polas mañás, do 5 de marzo ó 18 de xuño. Destinatarios: afeccionados á restauración de mobles e enseres de valor patrimonial. O campo de traballo consistirá na restauración de pezas de maquinaria agrícola (grandes e pequenas) con valor patrimonial que atesora a propia instalación de Aldea Nova e, adicionalmente, cada alumno poderá traer unha peza da súa casa que desexe restaurar coa axuda dos consellos técnicos da profesora especialista que impartirá o campo de traballo. Prezo: 345 €. Para obter máis información destos programas pódese consultar a web de Aldea Nova: www.aldeanova.es/agenda

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal