Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ULTIMA O DESPREGAMENTO DE ANTENAS WIFI PARA ACHEGAR INTERNET Ó RURAL
No prazo de dous meses ofrecerase a conexión a Internet, ó prezo de 19€/mensuais para 1 Mbps.
Narón, 11 de Febreiro de 2011.- O Concello de Narón está a ultimar a instalación de antenas WIFI na zona rural para dar cobertura de Internet á poboación destas parroquias. O proxecto ten un coste de 100.000 euros, e estase a cofinanciar con Fondos FEDER da Unión Europea (70%) e fondos municipais (30%), e a súa finalización está prevista para o mes de abril. A cobertura chegará ó 95% da superficie da zona rural, a través de varias antenas transmisoras que se instalarán no edificio consistorial e enviarán a sinal ata o Monte dos nenos (Sedes) onde será distribuída ás distintas parroquias. A empresa concesionaria destos traballos, unha vez rematado o montaxe das antenas e realizadas as probas de conectividade, levará a cabo unha campaña informativa entre os veciños do rural para informarlles do novo servizo. Os usuarios que desexen abonarse deberán pagar 19€ mensuais para ter unha conexión de 1 Mbps (1 mega). Precisarán dunha antena WIFI particular, que lles será instalada pola operadora de telefonía sen coste algún para o cliente. “A chegada da cobertura de Internet ó rural supón un avance importantísimo para os habitantes desta zona, e dende o Concello seguimos a traballar para igualar os seus servizos cos da urbana”; declarou o Alcalde de Narón. José Manuel Blanco ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que fixo un balance do traballo realizado na área de Novas Tecnoloxías durante o pasado ano. Así, o rexedor lembrou que outra das accións promovidas no 2010 na zona rural foi o acondicionamento de 7 aulas informáticas (nas parroquias de Sedes, Doso, Pedroso, San Mateo, O Val, San Xiao, e Castro) nos locais sociais municipais. Cada unha delas está dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora de rede. O coste desta actuación foi de 97.500€. Paralelamente, o Concello de Narón acondicionou no 2010 un local situado no edificio do antigo Concello (Xuvia) para a creación dun Telecentro de Comunicacións da Xunta de Galicia. Trátase dunha proposta iniciada pola anterior delegación de Novas Tecnoloxías, tal e como sinalou o Alcalde, e continuada no ano 2010 de cara á creación dun locutorio público de Internet. Actualmente, as obras dependentes do Concello están xa finalizadas, e a Xunta de Galicia instalou os 18 equipos informáticos cos que está dotada a aula (con capacidade para 36 usuarios) . O Telecentro inclúe soporte técnico para o visionado de películas, posibilidade de videoconferencias, e sistema de charla con dixitalización. O Alcalde de Narón asegurou que o Telecentro entrará en servizo no prazo aproximado dun mes, e o seu uso deberá solicitarse a través da rede de Telecentros da Xunta de Galicia. “O Concello de Narón estase a volcar nas novas tecnoloxías, achegando a sociedade da información ós cidadáns e cidadás”, declarou José Manuel Blanco. Outro exemplo desta idea é o Plan de Modernización Electrónica da Administración Municipal, actualmente en marcha neste Concello e baseado na Lei 11/2007de administración electrónica. O Alcalde agarda que no mes de abril entre en servizo a primeira fase deste plan, de xeito que poidan facerse determinados trámites a través de Internet, sen necesidade de que os veciños teñan que desprazarse ó Concello. A implantación desta Lei supuxo realizar unha inversión para adaptar os servidores do Concello, así como a interconexión dos centros administrativos do mesmo, valorado en 42.000€. Ademáis, firmouse un convenio coa FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) para a validación dos usuarios a través de e-dni, certificado dixital e sellado de tempos, para o cal fíxose unha inversión de 9.000€. Queda pendente a posta en funcionamento do servidor de procesos do cidadán, que se realizará nos vindeiros días. Ademáis, o Concello está a elaborar o sistema de Cartografía Dixital, que permitirá coñecer as características das parcelas que compoñen a superficie do municipio, e obter determinada información sobre cada unha delas. Nunha segunda fase deste sistema tamén se poderá dar nome a tódolos camiños e pistas de Narón, que aínda non dispoñen dunha denominación exacta. Para realizar este traballo, o Concello está a contar coas asociacións de veciños do rural, facéndoo xa en San Mateo e ahora en Doso, para continuar posteriormente en Sedes. “Queremos recuperar os nomes orixinais dos viais do entorno rural”; comentou José Manuel Blanco. O investimento neste proxecto é de 81.200€ e estímase que o cidadán poderá consultar os planos do municipio no mes de marzo. Finalmente, o rexedor lembrou que no ano 2010 conseguiuse unha redución do custo da comunicacións telefónicas nun 30%, sendo obxetivo para este ano reducir o custo das comunicacións de datos (Internet) entre un 25% e un 40%.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal