Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO TRAMITA AS SOLICITUDES PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "XANTAR NA CASA"
O CONCELLO TRAMITA AS SOLICITUDES PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA
Está dirixido a persoas que viven solas e con escasa autonomía persoal, ás que se lles entrega o almorzo diario a domicilio.
Narón, 12 de Febreiro de 2011.- A Concellería de Servizos Sociais, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de solicitude para participar no programa “Xantar na casa”. Trátase dun servizo ofrecido polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Concello mediante un convenio de colaboración entre ambas entidades.

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado xoves (10/02/2011) aprobou a renovación deste convenio, mediante o cal o Concello financia o 26,6% do coste do menú, o usuario a mesma cantidade (26,6%) e a Xunta de Galicia o resto (46,6%). Deste xeito, o usuario paga 1,87€ ó día por un menú equilibrado que se lle entrega no seu domicilio.

Os interesados en inscribirse neste programa deberán cumprir un requisito: estar empadroados no termo municipal de Narón. Terán que achegarse ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) no que se lles ofrecerá información sobre este programa, e se valorará se poden participar no mesmo.

“Xantar na casa” é un servizo que nace coa idea de “achegar ás persoas que teñen escasa autonomía persoal e viven solas, unha alimentación equilibrada e saudable. E ó mesmo tempo, se lles libra de ter que empregar a cociña, o cal pode supor un risco en determinadas circunstancias”; sinalou a edil de Servizos Sociais, Mª del Carmen Espada.

O coste mensual deste servizo para os usuarios é o seguinte:

52,36€ se o reparto ó mes é de catro semanas
65,45€ se o reparto ó mes é de cinco semanas



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal