Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONVOCADA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA ECOESCOLA PARA ESTE ENTROIDO
CONVOCADA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA ECOESCOLA PARA ESTE ENTROIDO
Se desenvolve en Aldea Nova do 7 ó 9 de marzo, para nen@s de 3 a 12 anos de idade. As inscripcións poden realizarse no Concello ata o vindeiro 28 de febreiro.
Narón, 14 de Febreiro de 2011.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de abrir o prazo de solicitude para participar nunha nova edición do programa Ecoescola. Trátase dunha opción dirixida ás familias con fillos ó seu cargo, que precisen conciliar a vida familiar e laboral en épocas de vacacións escolares. Os nenos e nenas que desexen participar deberán ter entre 3 e 12 anos de idade.

Así, a Ecoescola se desenvolverá do 7 ó 9 de marzo (luns, martes e mércores de Entroido) en Aldea Nova, en horario de 8:30 a 18:30 horas. As solicitudes de inscripción poden presentarse dende hoxe e ata o día 28 de febreiro, no Rexistro Xeral do Concello. O prezo desta actividade é de 15€ e inclúe o transporte e o xantar dos tres días do programa.

O Concello pon a disposición pública un total de 48 prazas, cinco delas para menores de integración educativa. Ademáis, aportará persoal especializado, o servizo de restauración, recursos materiais e as instalacións para desenvolver este programa.

Nesta ocasión, a Ecoescola enmárcase nas actividades conmemorativas da celebración do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora. Este programa naceu coa finalidade de poñer fin ós obstáculos ós que se enfrontan as mulleres traballadoras para acceder e permanecer no mercado de traballo en igualdade de condicións, por ser as principais responsables do coidado de fillos e outros familiares e de cumprir con outras obrigacións persoais.

A Ecoescola ofrece así un servizo de conciliación da vida laboral, familiar e persoa, e promove a realización de actividades de corresponsabilidade entre as persoas que integran as familias ou unidades de convivencia, ademáis de habilitar recursos para garantir o dereito de acceso á igualdade de oportunidades ás mulleres en risco de exclusión social e dos menores ó seu cargo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal