Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN MUNICIPAIS
Corresponden a cinco cursos de construccións metálicas, sector naval, electricidade, prevención de riscos laborais, e vidrio fundido. En total entregáronse 55 diplomas.
Narón, 17 de Febreiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral, José Luís Suárez, entregaron hoxe un total de 55 diplomas correspondentes a cinco curso de formación do programa municipal “Camiño de Emprego”; realizados en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia. A relación de cursos realizados é a seguinte: -Curso de Construccións Metálicas (300 horas de duración, do 8/11/2010 ó 10/02/2011). 8 diplomas -Curso de vidrio fundido e mosaicos -nivel de perfeccionamento- (50 horas, do 3/09/2010 ó 17/12/2010). 7 diplomas -Curso básico de electricista de edificios (200 horas, do 16/9/2010 ó 21/01/2011). 4 diplomas -Curso de Medio ambiente no sector naval (10 horas, realizado do 2/02/2011 ó 3/02/2011). 17 diplomas -Curso de Prevención de Riscos Laborais (60 horas, realizado do 24/11/2010 ó 14/12/2010). 19 diplomas Programa de cada un dos cursos: CURSO DE CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS -Prevención de riscos laborais. -Interpretación de planos de construccións metálicas. -Corte de metáis por arco plasma e oxicorte manual. -Soldadura de chapas e perfís con electrodo revestido. -Soldadura semiautomática (MAG) para a construcción metálicas. -Elaboración e montaxe de estructura metálicas lixeiras. CURSO DE VIDRIO FUNDIDO E MOSAICOS -Depuración da técnica do vidrio fundido elaborando pezas de artesanía con volumen e esmaltado de pezas con esmaltes vitrificables. -Realización de pezas de mosaico como: botellas, floreiros, cadros, etc. -Debuxo de plantillas. -Realización de presupostos. -Preparación de pezas artísticas para a exposición en galería. CURSO BASICO DE ELECTRICISTA DE EDIFICIOS -Corriente continua. -Corriente alterna. -Materiales eléctricos. -Aparatos de corte e protección. -Normas básicas del REBT en vivendas. -Montaxes de instalación eléctricas básicas en edificios. -Montaxes de cadros eléctricos en edificios. -Riscos eléctricos. CURSO DE MEDIO AMBIENTE NO SECTOR NAVAL -Introducción ó medioambiente na empresa. -Identificación de aspectos ambientais. -Requisitos legais básicos que afectan á actividade: almacenamento de sustancias, segregación de residuos, e actuacións ante derrames incidentais. CURSO DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS -Conceptos básicos sobre seguridade e saúde. -Riscos xerais e a súa prevención. -Riscos específicos e a súa prevención no sector naval. -Elementos básicos de xestión da prevención dos riscos. -Primeiros auxilios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal