Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ACTIVIDADES DE ENTROIDO COMUNITARIO NOS DIFERENTES BARRIOS E PARROQUIAS DE NARÓN
ACTIVIDADES DE ENTROIDO COMUNITARIO NOS DIFERENTES BARRIOS E PARROQUIAS DE NARÓN
Realizaranse obradoiros de creación de disfraces, e de elaboración de receitas típicas do carnaval, nos locais sociais municipais.
Narón, 21 de Febreiro de 2011.- A Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a desenvolver un programa de Entroido Comunitario en Narón, tomando como referente as Ruadas típicas dos entroidos tradicionais galegos. Esta iniciativa forma parte do Programa de Dinamización Comunitaria, no marco do cal tamén se desenvolveu o pasado Nadal a Ludoteca Comunitaria.

O cronograma do Entroido Comunitario deu comenzo o pasado 18 de febreiro, e se extenderá ata o sábado 12 de marzo. O programa se desenvolverá nos locais sociais municipais de Doso, Xuvia, Santa Icía, O Alto, O Val, San Mateo, Piñeiros, A Gándara, Sedes, e Pedroso (neste último caso, será no local da SCR A Pombiña).

Así, nas diferentes parroquias se levarán a cabo obradoiros de creación de disfraces e de receitas de entroido, impartidos polas Educadoras Sociais do Concello e atendendo ó seguinte calendario:

-Luns 21 de febreiro:
O Val: de 17:30 a 19:30 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.

-Xoves 24 de febreiro:
O Alto: de 18:00 a 20:00 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.
Santa Icía: de 16:30 a 18:30 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.

-Venres 25 de febreiro:
A Gándara: de 16:00 a 18:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
Piñeiros: de 18:00 a 20:00 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.

-Sábado 26 de febreiro:
Pedroso: de 11:00 a 13:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
San Xiao: de 11:00 a 13:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
Sedes: de 16:30 a 18:30 horas, Obradoiro de Creación de disfraces
San Mateo: de 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro de Creación de disfraces e Obradoiro de Receitario de Entroido.

-Luns 28 de febreiro:
Doso: de 17:00 a 19:00 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.
Xuvia: de 18:00 a 20:00 horas, Obradoiro de Creación de disfraces.

-Xoves 3 de marzo:
Santa Icía: de 16:30 a 18:30 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
O Alto: de 18:00 a 20:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
O Val: de 16:30 a 18:30 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.

-Venres 4 de marzo:
San Mateo: de 17:00 a 19:00 horas. Encontro Final.

-Sábado 5 de marzo:
Pedroso: de 11:00 a 13:00 horas. Encontro final.
Piñeiros: de 11:00 a 13:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
Sedes: de 16:30 a 18:30 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.

-Domingo 6 de marzo:
San Xiao: de 17:00 a 19:00 horas. Encontro final.

-Luns 7 de marzo:
Doso: de 11:00 a 13:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
Xuvia: de 11:00 a 13:00 horas, Obradoiro de Receitario de Entroido.
O Val: de 17:00 a 19:00 horas, Encontro final.

-Martes 8 de marzo:
Xuvia: de 11:00 a 13:00 horas, Encontro final.
Santa Icía: de 16:30 a 18:30 horas, Encontro final.

-Mércores 9 de marzo:
Doso: de 11:00 a 13:00 horas, Encontro final.

-Venres 11 de marzo:
Piñeiros: de 17:00 a 19:00 horas, Encontro final.
A Gándara: de 16:30 a 18:30 horas, Encontro final.

-Sábado 12 de marzo:
Sedes: de 16:30 a 18:30 horas. Encontro final.
O Alto: de 17:00 a 19:00 horas. Encontro final.

O Programa do Entroido Comunitario ten varios obxectivos: motivar a participación activa dos veciños en actividades propias do Entroido; organizar entre todos un día no cal nenos, pais e avós disfruten da celebración dun Entroido tradicional; propiciar a creación de novos lazos veciñais a través da súa implicación nos obradoiros: e crear novos grupos que participen nas diferentes propostas de actividades.

No obradoiro de elaboración dun receitario típico de carnaval, cada veciño/a colaborará aportando unha receita típica de entroido que coñeza. Cada neno/a explicará a receita que ven da súa casa ó resto dos participantes, e farase un mural con cada unha destas receitas, apoiado por debuxos feitos polos rapaces. Ó final, farase unha recompilación das diferentes receitas para elaborar un receitario que podería servir como menú guía no día da actividade final.

No obradoiro de creación de disfraces partirase da tradición da zona de Narón, na que os homes se disfrazaban de mulleres e as mulleres de homes, pero deixando aberta a elección do disfraza, combinando así a tradición coa época actual. Para a elaboración dos disfraces, se empregarán materiais traídos de casa e tamén materiais reciclables.

Tamén se realizará unha recompilación de fotos antigas de Entroido, a partir da cal se fará unha presentación en powerpoint que será proxectada o día da actividade final.

As actividades do día final serán as seguintes: pregón pola parroquia, merenda con degustación de pratos típicos do entroido, exposición de fotos de entroidos pasados, xogos populares, e ruada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal