Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FIRMA DO CRÉDITO PARA REALIZAR AS INVERSIÓNS PREVISTAS NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO 2011
O Alcalde asinou hoxe o préstamo, e anunciou o inicio inminente das obras.
Narón, 2 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, firmou hoxe o crédito municipal do ano 2011, contemplado nos Orzamentos do Concello para esta anualidade, a través dos cales se realizarán inversións en diferentes obras. A cantidade do préstamo, firmado coa entidade bancaria BBVA, ascende a 1.550.000 euros, que se amortizarán no prazo de 12 anos, cun Euribor trimestral máis o 2%, e sin comisións de apertura nin disponibilidade. Ademáis, a entidade bancaria ofrece un ano de carencia do capital. As inversións contempladas nos Orzamentos Municipais do 2011 ascenden en conxunto a 2.663.605€, dos cales 1.550.000€ se aportarán con cargo ó préstamo asinado hoxe, e 1.113.604€ con financiación allea (doutras administracións, coma Deputación de A Coruña, Costa Artabra, Xunta de Galicia, e AGADER). O Alcalde de Narón anunciou, logo de firmar o préstamo, o inicio inminente da contratación das obras para as cales se solicitou o crédito. Así, proximamente se procederá a contratar a relación de proxectos que se executarán neste ano. O listado completo de actuacións é o seguinte: -Compra de maquinaria, útiles de traballo, e dispositivos GPS para o PEMU (Plan de Emerxencia Municipal). - Merca de Terreos. -Estudios e traballos complexos. -Plan Xeral de Urbanismo- anualidade 2011 (cofinanciado entre Xunta e Concello). -Construcción do Centro de limpeza e desinfección de vehículos de Gando na Feira do Trece (cofinanciado entre Agader e o Concello). -Rehabilitación do Muiño de Xuvia-fase 1. -Plan de Obras e Servicios –POS- (Deputación e Concello). -Marquesinas. -Entronque de rúas: Tuy-rúa de nova apertura; Fene-Estrada da Gándara -Enlace avenida A Solaina con Rúa Bon Xesús. -Pavimentación do Cruce de A Solaina. -Urbanización das rúas Martínez de la Rosa, e Bon Xesús. -Pavimentación das rúas Linares Rivas, e Hermandade. -Diversas pavimentacións. -Diversos alumeados. -Senda litoral Ferrol-Narón- Valdoviño (cofinanciado por Costa Artabra, e os tres concellos). -Liquidación ordenación Praza do Alto do Castiñeiro. -Reposición de parques. -Compra de desfibriladores. -Alumeado do Campo do Cadaval. -Aglomerado da Pista Polideportiva de A Solaina. -Compra de material deportivo. -Equipos de proceso de datos. -Programas informáticos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal