Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CORPORACIÓN MUNICIPAL RÍNDELLE UNHA SENTIDA HOMENAXE Ó PRIMEIRO ALCALDE DA DEMOCRACIA
A CORPORACIÓN MUNICIPAL RÍNDELLE UNHA SENTIDA HOMENAXE Ó PRIMEIRO ALCALDE DA DEMOCRACIA
Antonio Martínez Aneiros gobernou o Concello de Narón entre os anos 1979 e 1985.
Narón, 3 de Marzo de 2011.- O primeiro Alcalde da democracia do Concello de Narón, Antonio Martínez Aneiros (gobernou entre o 19 de abril de 1979 e o 13 de decembro de 1985), recibiu hoxe unha homenaxe institucional por parte da Corporación Municipal. Este acordo foi adoptado polo Pleno do Concello de Narón o pasado 25 de novembro de 2010.

Ó homenaxeado tamén recoñecéuselle a súa labor como deputado no Parlamento de Galicia, tralas eleccións do 24 de novembro de 1985, ás que concurríu co Partido Socialista de Galicia-Esquerda Galega (PSG-EG).

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, abríu o acto celebrado na Sala de Reunións do Concello destacando a importancia deste recoñecemento público a Antonio Martínez Aneiros “polo seu traballo e polo que significou na historia de Narón”. Os representantes dos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSOE e BNG) tamén participaron no acto, destacando a labor do ex político, agora dedicado a escribir.

Entre as accións máis significativas realizadas pola primeira Corporación Democrática de Narón, presidida por Antonio Martínez Aneiros e constituída o 19 de abril de 1979, destacou a elaboración do Plan Xeral de Urbanismo (1985) de Narón, a creación do Colexio Rural Agrupado (CRA) ou o inicio da urbanización do Polígono de Rio do Pozo, tal e como se lembrou hoxe.

O homenaxeado expresou o seu agradecemento “ó Alcalde e á Corporación do Concello, que tomáchedes a decisión de facerme esta homenaxe. Pero este acto non sería satisfactorio se quedase no recoñecemento persoal; por sorte non é así senón que é un acto de recoñecemento a Narón”, declarou Martínez Aneiros.

O protagonista votou a vista atrás para lembrar que Narón “xa dende a primeira Corporación, adquiríu entidade e presenza en Galicia, e resulta fundamental que todos sigamos pensando que Narón é merecedor de todo esto”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal