Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROMOVE A CREACIÓN DUNHA COOPERATIVA DE MONTES FORESTAIS
O CONCELLO PROMOVE A CREACIÓN DUNHA COOPERATIVA DE MONTES FORESTAIS
Haberá charlas informativas en O Val, Pedroso e Sedes para abordar a súa constitución. Narón dispón dunha masa forestal de máis de 1.000 hectáreas de monte.
Narón, 4 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, José Luis Suárez, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para presentar as Xornadas sobre Cooperativismo Forestal que se desenvolverán en O Val, Pedroso e Sedes. As reunións están convocadas nas seguintes datas:

-Xoves 17 de marzo: Cooperativa do Val (ás 19:30 horas)
-Mércores 23 de marzo: Local Social da Pombiña –Pedroso- (ás 20:00 horas)
-Venres 25 de marzo: Local Social de Sedes (19:30 horas)

Tamén pódese obter máis información nas Cooperativas do Campo de O Val, Pedroso e Sedes, e no Servizo Sociocomunitario Municipal (981 33 77 00 extensión 1123- Anxela Lagoa, técnica de emprego).

O Concello de Narón enmarca estas xornadas no programa de fomento da riqueza e do emprego na zona rural, por medio da cooperativización do aproveitamento do monte. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou hoxe na rolda de prensa que este municipio dispón de máis de 1.000 hectáreas de monte arborado que non contan cunha xestión e programación de planta e tala, que poderían ser aproveitadas de forma mixta con gando, ou setos, ou cereais e froita.

A nova lexislación sobre loita e prevención de incendios, así coma a ordenación das explotacións forestais, fará inviable economicamente as pequenas parcelas de monte, polo que os propietarios veranse na obriga de organizarse e cooperativizarse, ou ceder as súas fincas a outros propietarios ou ó Banco de terras.

Tendo en conta esta situación coxuntural que se da no monte, e considerando a necesidade de buscar novos xacementos de riqueza e de emprego, o Concello puxo en marcha o programa COOPRUGA, de fomento do cooperativismo, dirixio a particulares e cooperativas. Neste programa, que
contou cunha subvención da Xunta de Galicia, participaron as cooperativas de O Val, Pedroso e Sedes, tendo coma finalidade a creación dunha cooperativa para rendibilizar o monte.

Na Cooperativa de Xestión sostible do monte, xa teñen manifestada a súa intención de formar parte as tres cooperativas de Narón, e máis de 30 propietarios de montes. O Concello tamén participaría como socio, coas parcelas forestais das que dispón.

A Cooperativa de Montes que se pretende poñer a funcionar no prazo máximo de seis meses, xa dispón dun proxecto, e dos estatutos de organización e funcionamento.

A rendibilidade do monte realizarase do seguinte xeito: planificando as plantacións en montes baldíos; planificando as talas e comercializando a madeira; desbrozando e limpando os montes da cooperativa; alternando a prantación de madeiras de crecemento rápido; alternando e acompañando o aproveitamento da madeira coa crianza de gando, prantación de setos, froitas silvestres, creais, aproveitamento de biomasa e compost, etc; creando postos de traballo; e fortalecendo a estructura económica da zona rural, e realizando programas de aproveitamento da materia prima.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal