Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O COLEXIO DE A SOLAINA RECOLLE O PREMIO 'PONLE FRENO' POLO SEU PROXECTO DE EDUCACIÓN VIAL
O COLEXIO DE A SOLAINA RECOLLE O PREMIO 'PONLE FRENO' POLO SEU PROXECTO DE EDUCACIÓN VIAL
Actualmente o programa de Educación Viaria desenvólvese nos 12 centros de ensino de Narón, incluidas as Escolas Infantís Municipais, os Colexios de Infantil e Primaria, e os Institutos de Educación Secundaria.
Narón, 10 de Marzo de 2011.- O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de A Solaina acaba de recibir o galardón ‘Ponle Freno Junior’ convocado pola fundación Mapfre en colaboración con Antena 3, Onda Cero e Europa FM. Estos premios distinguen ás institucións, persoas e accións que xogaron un papel importante na seguridade vial.

O premio foi recollido no día de onte polo director do CEIP de A Solaina, Antón López, nunha cerimonia celebrada na sede da Comunidade de Madrid, na Porta do Sol. O xurado premiou así o traballo deste centro escolar, que no curso 2004-2005 iniciou un novedoso proxecto de educación vial dirixido ós alumnos/as. Co paso do tempo, este proxecto extendeuse á totalidade dos centros de ensino de Narón, apoiado polo Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Ramón Padín, e o equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado por Pedro Caneiro –Policía Local de Narón- e Simón Cabarcos –técnico de INEF-).

A idea sobre a que xira é conquerir que os nenos/as asimilen e coñezan dende o principio o respeto polas normas de tráfico. Para levar a cabo esta aprendizaxe, os escolares sírvense de diversos vehículos (bicicletas, correpasillos, e incluso vehículos a pedales –tipo karts, pero sen motor-) algúns dos cales están adaptados para alumnos/as con problemas motrices e necesidades educativas especiais.

O programa de educación vial lévase a cabo actualmente en tódolos colexios públicos e concertados do municipio, institutos e escolas infantís municipais, sumando en total 12 centros de ensino. Todos eles dispoñen, a día de hoxe, dun circuito de educación viaria e reciben clases sobre esta disciplina, por parte dos coordinadores do programa. En total, estase dando formación a 3.500 estudiantes de Narón, de 0 a 18 anos. Ademáis, dende o inicio do programa no ano 2004 ata o dia 31 de decembro de 2010, o número de siniestros de tráfico reducíuse nun 8,2% segundo informou o policía Pedro Caneiro.

O Concelleiro de Seguridade Viaria de Narón, Ramón Padín, declarou que “para o Concello de Narón, é un orgullo que se nos recoñeza como entidade promotora da seguridade viaria. A nosa aportación é económica, facilitamos a través dun convenio cos centros de ensino, os medios necesarios para poder desenvolver este programa”; engadíu o edil.

Padín fixo tamén un chamamento público a outras administracións para que colaboren no fomento da educación viaria. “Os orgamismos oficiais, como a Xunta de Galicia e a Deputación de A Coruña, deberían involucrarse máis para que concellos coma o de Narón poidan seguir desenvolvendo iniciativas coma esta”, sinalou.

Dende o Concello de Narón tamén se aposta, dentro do programa de Educación Viaria, polo fomento do uso da bicicleta como medio de transporte alternativo. Así, o equipo encargado desta actividade realiza varias saídas cos alumnos/as dos colexios, ensinándoles diferentes lugares de interese do municipio, empregando a bicicleta como medio de transporte.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal