Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
BENIGNA DIAZ CORRAL RECIBE A MENCIÓN DE 'MULLER DO ANO DE NARÓN 2011'
A Corporación Municipal recoñece así o traballo feito por esta muller, dando refuxio na súa casa ós represaliados da Guerra Civil, dende o ano 1936.
Narón, 8 de Marzo de 2011.- A Corporación Municipal de Narón homenaxeou hoxe, co galo da celebración do Dia Internacional da Muller, a dona Benigna Díaz Corral, veciña de Cornido (O Couto) polo seu traballo a favor da democracia e da liberdade, durante a Guerra Civil e na postguerra, anos nos que deu refuxio na súa casa ós represaliados. Benigna Díaz Corral recibíu o recoñecemento de Muller do Ano de Narón 2011, en base a un acordo acadado pola Comisión de Traballo sobre temas da Muller, celebrada o pasado 16 de febreiro de 2011. Con esta mención especial, o Concello “quere facer visible o traballo de mulleres coma esta, facéndoo extensivo na súa persoa a tódalas mulleres que axudaron á instauración da democracia, poñendo incluso en risco a súa vida”, declarou a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada. No acto celebrado hoxe tamén participaron os voceiros dos grupos políticos con representación no Concello: Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), Angeles Díaz Pardo (PP), Catalina García (PSOE), e Antonia Martínez (BNG) que tiveron sentidas palabras de agradecemento para esta muller. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, foi o encargado de ler o acordo plenario polo cal se nomea Muller do Ano a Benigna Díaz, ó cal engadiu que “o exemplo desta muller debería servirnos para entender o significado das palabras Democracia e Liberdade. Grazas a persoas como ésta, e tamén a outras que pagaron coa súa vida, hoxe vivimos nun país moito mellor”, asentíu José Manuel Blanco. Xunto coa representación política e os familiares da homenaxeada, estivo o escritor e humorista Siro López, quen coñeceu a labor de Benigna Díaz Corral e da súa familia moi de cerca, e así o reflexou no libro “Retallos da memoria”, que recolle varias testemuñas sobre a Memoria Histórica. A Muller do Ano de Narón 2011 recibirá outra homenaxe o vindeiro venres, durante a Cea de Mulleres que se celebrará en Casa Becerra, organizada polo Concello co galo do día 8 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal