Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SEDES ACOLLE A 2ª EDICION DA FEIRA DA MAQUINARIA AGRÍCOLA E DAS ÁRBORES FROITEIRAS E ORNAMENTAIS
SEDES ACOLLE A 2ª EDICION DA FEIRA DA MAQUINARIA AGRÍCOLA E DAS ÁRBORES FROITEIRAS E ORNAMENTAIS
Se celebra os días 12 e 13 de marzo, no Recinto Feiral do Trece, con entrada de balde e a participación de máis de 15 expositores.
Narón, 10 de Marzo de 2011.- A vindeira fin de semana do 12 e 13 de marzo, o Recinto Feiral do Trece, na parroquia de Sedes (Narón), acollerá a segunda edición da Feira da Maquinaria Agrícola e das Árbores froiteiras e Ornamentais, que nesta volta reunirá a máis dunha quincena de expositores, así como varias actividades destinadas tanto aos profesionais do sector como ao público interesado.

A mostra está organizada pola Concellería de Feiras de Mercados, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, en colaboración coa empresa Terra Nova, concesionaria do parque temático Aldea Nova.

Está previsto que algúns dos participantes exhiban novas ferramentas e amosen na práctica o uso de maquinaria nova. Procederase tamén a sortear varios agasallos, como xogos de ferramentas para poda ou distintas especies de árbores.

Entre as empresas que instalarán os seus stands no recinto feiral do Trece durante estes dous días figuran varias de Narón, así como dos municipios do seu entorno (Valdoviño, Fene, Vilarmaior, San Sadurniño, Cabanas, Ferrol...) e do resto da provincia (Santiago de Compostela, Carballo, Betanzos...). O éxito da primeira edición desta feira, celebrada en 2010, xerou boas expectativas para este ano e as empresas convidadas nun primeiro momento ocuparon xa todo o espazo dispoñible.

A feira permanecerá aberta o sábado día 12, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e o domingo día 13 de 10:00 a 14:00. Este segundo día, a partires das 12:30, terán lugar dúas charlas de grande interese para o sector. Así, a investigadora María Elvira López Mosquera, do IBADER (Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, da Universidade de Santiago de Compostela) impartirá unha conferencia acerca das últimas tendencias en materia de investigación en torno á biodiversidade agraria galega. A continuación, terá lugar unha charla sobre a prevención de riscos laborais no sector agroforestal, a cargo dun especialista na materia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal