Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURACIÓN DA PRAZA BOTÁNICO DACAL, SITUADA NO BARRIO DE O ALTO
INAUGURACIÓN DA PRAZA BOTÁNICO DACAL, SITUADA NO BARRIO DE O ALTO
Dispón de máis de 1.000 metros cadrados de zona verde, nos que se inclúe tamén un parque infantil.
Narón, 11 de Marzo de 2011.- O municipio de Narón dispón -oficialmente dende hoxe- dunha nova praza pública que leva por nome Botánico Rodríguez Dacal. O homenaxeado participou hoxe no acto de inauguración deste novo espazo verde, de máis de 1.000 metros cadrados de superficie e que inclúe un parque infantil.

A Corporación Municipal de Narón decidíu por unanimidade darlle o seu nome a este parque, pola importante traxectoria na investigación e difusión de coñecementos sobre prantas e árbores, que atesora Carlos Rodríguez Dacal.

Antes de descubrir a praca que leva o seu nome, Carlos Rodríguez Dacal e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participaron na prantación dunha camelia japónica coa que se adornou o acto, e que permanecerá neste parque. “Dende o goberno municipal de Narón, seguimos na idea de abrir novas zonas verdes e viais que conecten os diferentes barrios da nosa cidade”; declarou o Alcalde.

Na actualidade, o barrio de O Alto tense convertido xa nunha zona "perfectamente comunicada, tanto interior como exteriormente, e representa á perfección o modelo de barrio e de cidade que queremos extender ó resto de Narón no futuro”, declarou José Manuel Blanco.

O Concello de Narón leva investidos en O Alto nos últimos dous anos máis de medio millón de euros, entre o acondicionamento deste parque situado na rúa Cangas (135.000€), a inversión na zona verde da Fonte (48.000€), a actuación do Camiño da Torre (91.650€ do POS), a nova Ponte de A Solaina (FEDER), a expropiación da rúa Cangas para abrir novos viais, a apertura de dúas travesías na rúa Rosal, e a remodelación das zonas verdes anexas á AP-9.

“A día de hoxe podemos dicir que temos xa un barrio que representa o que queremos ser en Narón, con pequenos espazos verdes, e ben comunicado por carretera. Fai anos, O Alto era unha zona sin accesos e agora está totalmente conectado e listo para ofrecer unha boa calidade de vida ós seus veciños”, finalizou o Alcalde de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal