Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO MODIFICARÁ TEMPORALMENTE A CIRCULACIÓN EN VARIAS RÚAS DE A SOLAINA PARA RENOVAR O PAVIMENTO
As obras comenzan o dia 23 de marzo, e se realizarán en tres fases.
Narón, 21 de Marzo de 2011.- A Concellería de Seguridade Cidadá e Tráfico do Concello de Narón, e a Xefatura da Policía Local de Narón solicitan ós veciños do barrio de A Solaina tódala colaboración posible para que o proceso de reposición do firme en 11 cruces do entramado viario desta zona cause as menores molestias posibles. Os traballos de reposición do pavimento destos cruces realizaranse en tres fases diferenciadas, dando comenzo o mércores dia 23 a primeira delas. Esta intervención inicial afectará ós seguintes cruces: -Reis Católicos coa Rua Lugo -Reis Católicos coa Rua Pontevedra -Rua Cristobal Colón coa Rua Ourense -A Rua Reis Católicos no tramo entre as ruas Francisco Pizarro e a Rua Coruña pasarán a ser de dobre dirección. -A Rua Cristobal Colón no tramo entre a Rua Pontevedra e a Rua Lugo será tamén de dobre dirección. -A Rua Pontevedra dende a Avenida da Solaina ata a Cristobal Colón será de dobre dirección -A Rua Ourense entre a Avenida de Santa Icía e a Rua Casrdenal Cisneros será de dobre dirección -A Rua Lugo, entre a Avenida de A Solaina e a Avenida Cardenal Cisneros será de dobre dirección A execución das obras dividíuse en tres fases, de feito que “ningunha rúa quede sen servizo de acceso, tanto ós garaxes como ás mercadorías para o comercio, e sobre todo ós servizos de urxencia, ademáis dos de limpeza viaria” sinalou o Concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, Ramón Padín. Non obstante, a circulación aínda que garantida, vai estar moi condicionada xa que moitas rúas nalgún momento van a estar cortadas ó tráfico nun dos seus extremos, pasando a ter un réxime de circulación de dous sentidos –un de entrada e outro de saída- polo mesmo carril. Dada a configuración das rúas, só existe un carril de circulación o cal terase que compartir para os dous sentidos da marcha, tendo un conductor que desviarse á zona de estacionamento para permitir o paso do vehículo que circule en sentido contrario. Ademáis, para non ter que eliminar o estacionamento na súa totalidade, solicítase que na medida do posible, os conductores aproveiten as entradas ós garaxes para realizar este cruce. De non ser suficiente esta opción, a Policía Local veríase na obriga de suprimir o estacionamento para garantir a circulación. As modificación necesarias para realizar as obras serán comunicadas ós veciños, mediante avisos nos portais, comercios e na páxina web da Policía Local de Narón (www.policia.naron.es). Pintado de carril-bici no Paseo Marítimo de Xuvia Noutro orde de asuntos, o Concelleiro de Tráfico, Ramón Padín informou tamén do inminente pintado do carril-bici no Paseo Marítimo de Xuvia. A intervención se realizará esta mesma semana, en caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan, ó longo dos 2.400 metros que ten o paseo. Está previsto o pintado de dous carrís, para ambos sentidos da marcha, sendo o carril da dereita o que vai en dirección a Xuvia, e o da esquerda o que volve cara á rotonda da Estrada de Castela –á altura de Megasa-. Ambos carrís suman un ancho de 2,50 metros. Outras accións que ten previsto desenvolver nos vindeiros días a Concellería de Tráfico son a sinalización viaria de varias pistas forestais en Sedes –onde tamén se colocarán bandas rugosas para limitar a 50 kms/hora a velocidade- e o pintado dun paso de peóns entre os dous campos de fútbol de O Val –o de entrenamento e o de xogo-, a petición dos usuarios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal