Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS OBRAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE XUVIA FINALIZARÁN NO MES DE XUÑO
O Concello abrirá esta instalación, para nen@s de 0 a 3 anos, no curso 2011-2012
Narón, 22 de Marzo de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Infancia, Mª del Carmen Espada, visitaron hoxe as obras da Escola Infantil Municipal (EIM) de Xuvia, que se ubica nunha parcela de 5.070 m2 de superficie, propiedade do Concello de Narón, con frente á Estrada de San Xiao. Os traballos contan cun orzamento total de 610.203€ e estanse a cofinanciar entre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Concello de Narón, aportando o 70% e o 30% respectivamente. As obras avanzan a bo ritmo, logo de superar as condicións metereolóxicas adversas deste inverno, e a empresa Construccións Guerreiro Somozas S.L. agarda rematar a construcción nun prazo de tres meses. O Concello porá así a disposición pública a cuarta Escola Infantil Municipal para o curso 2011-2012, que atenderá a un colectivo de entre 70 e 90 nenos/as de 0 a 3 anos de idade (distribuidos por idades en grupos de 0-1 anos, 1-2 anos, e 2-3 anos, tendo dous unidades en cada un dos grupos). O número de prazas disponibles variará en función da opción escollida polos pais, liberándose novas matrículas no caso de elexir só media xornada. O edificio sobre o que se asentará a EIM de Xuvia (con 939 m2 de superficie total útil) ten forma rectangular no frente e trapezoidal no fondo, onde se ubica un patio central, que estará cuberto e climatizado –a diferencia das outras EIM-O inmoble ten unha superficie de 732 m2, e o patio outros 207 m2. A EIM de Xuvia é similar nas dimensións ás EIM de Piñeiros e A Gándara, pero diferente na forma –máis rectangular, e con grandes espazos de luz- Dividirase nas seguintes estancias: -Dous salas propias de cada grupo (de entre 30 m2 e 40 m2 cada unha). -Unha sala de usos múltiples (que tamén poderá servir de comedor) maior de 30 m2. -Un patio de xogos cuberto e climatizado. -Dous aseos para as aulas de 2-3 anos. -Vestiarios para o persoal. -Cociña. -Almacén. -Outros espazos: despacho de dirección, oficina de administración e conserxería, sala de profesores, e cuarto de limpeza e lavandería.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal