Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONSTITUÍDA A MESA LOCAL DE COMERCIO DO CONCELLO DE NARÓN
CONSTITUÍDA A MESA LOCAL DE COMERCIO DO CONCELLO DE NARÓN
Está formada por representantes do Concelló, da Xunta de Galicia e de asociacións de comerciantes, consumidores e amas de casa. Se reunirá cada 6 meses.
Narón, 23 de Marzo de 2011.- O Concello de Narón celebrou na mañá de hoxe a reunión constitutiva da Mesa Local de Comercio, que é un órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial.

A creación da Mesa Local do Comercio é un dos requisitos que establece a Lei do Comercio Interior de Galicia (Lei 13/2010) publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de 2010 e que entrou en vigor o 18 de xaneiro de 2011. A orde do día desta primeira convocatoria da Mesa do Comercio foi a seguinte:

1º Constitución da Mesa Local de Comercio do Concello de Narón.
2º Determinación do Réxime de sesións da Mesa Local de Comercio do Concello de Narón.
3º Liñas da actuación da Mesa Local de Comercio do Concello de Narón.

A composición da Mesa Local do Comercio do Concello de Narón é a seguinte:

-Presidente: José Manuel Blanco, Alcalde de Narón
-Secretario: o da Corporación Municipal, Alfonso de Prado.

-Vocais:
-En representación da Xunta de Galicia, José Manuel Vilariño, coordinador do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.
-En representación do Concello de Narón: Natalia Hermida, concelleira de Participación Cidadá.
-En representación da Asociación de Consumidores e Amas de Casa de A Coruña, Rosa Otero.
Tamén é membro desta Mesa a presidenta da asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro López, quen non puido asistir por problemas de saúde.

A Mesa Local de Comercio determinou reunirse cada 6 meses, para debatir cuestións relacionadas con este sector que poidan ser de interese para o municipio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal