Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLERÁ A GALA DOS XX PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO
A Federación de Libreiros de Galicia organiza o acto, que se celebrará o dia 2 de abril no Hotel Husa Odeón.
Narón, 29 de Marzo de 2011.- A Federación de Libreiros de Galicia celebrará a XX edición dos Premios Irmandade do Libro o vindeiro dia 2 de abril en Narón. Hoxe foi presentada esta nova edición dos galardóns polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o responsable da Federación, Antonio Martínez. O edil destacou a importancia, nos tempos que corren, de manter os libros como unha fonte de cultura, frente ó avance imparable das novas tecnoloxías. “Nestos tempos os libros teñen que facer un papel importante, e non deberían desaparecer” salientou Sánchez Fojo, quen agradeceu á Federación de Libreiros de Galicia a súa disponibilidade para celebrar en Narón un acto cultural destas características. Pola súa banda, o presidente da Federación de Libreiros de Galicia destacou tamén a vinculación deste municipio coa cultura, resaltando a sensibilidade que ten Narón coa literatura. Os premios entregaranse nunha gala que se celebrará no Hotel Husa Odeón, no transcurso dunha cea á que están convidados os representantes da sociedade galega implicada no traballo de promoción e desenvolvemento do libro e da lectura en galego en particular, e da nosa cultura, en xeral. As modalidades que se premiarán son as seguintes: Centros de Ensino, Institucións, Fomento da Lectura, Autor/Autora, Obra Editorial 2010, Libro do Ano 2010 e Libraría. A identidade dos premiados non se desvelará ata o día da Gala, agás o nome do gañador na modalidade de mellor Autor, que recaeu en Víctor Freixanes. Os premios non teñen unha dotación económica, agás os que se entregan nas modalidades de Centros de Ensino e Fomento da Lectura, que teñen unha dotación de 2.000€ cada unha, para investir exclusivamente na adquisición de libros en calquera das librarías da Agrupación de Libreiros á que pertenza a localidade dos gañadores destes premios. Aos que resulten gañadores nas diferentes modalidades, a Federación de Libreiros faralles entrega dunha figura de bronce, exclusiva para este acontecemento, realizada nos talleres de Xoán Piñeiro, en Goián. O programa dos XX Premios Irmandade do Libro é o seguinte: -17:00 horas: visita turística guiada por lugares pintorescos do concello de Narón. Se visitarán o monumento megalítico da Pena Molexa (OVal), o campo de mámoas do Monte dos Nenos (Sedes), a área medioambiental de Pedroso e o rueiro de San Roque (Xuvia), e o Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto). -21:00 horas: cóctel de recepción e cea nas instalacións do Hotel Husa Odeón. -23:00 horas: saúdo da presentadora do acto, Rosa Aneiros. -23:15 horas: apertura cultural do acto a cargo do xornalista Xosé Manuel Pereiro. -23:30 horas: entrega dos premios e breves intervencións dos gañadores. -00:00 horas: intervencións institucionais. -00:30 horas: despedida a cargo da escritora Rosa Aneiros. Os premios Irmandade do Libro naceron no ano 1991, celebrándose consecutivamente e sen interrupción, con carácter itinerante, en todas as capitais galegas nas que estivese establecida unha Agrupación de Libreiros, pertencente á Federación de Libreiros de Galicia, que son as sete principais cidades galegas. Pero dende o ano 2006, a Federación de Libreiros de Galicia modificou esta costume, realizando unha gala itinerante e abréndoa ó resto da comunidade galega, como unha festa da exaltación da literatura e da cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal