Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA EXPÓN OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN ELABORADOS POR ALUMNOS DO PADROADO
A exposición "15 anos mantendo o noso legado" poderá visitarse ata o vindeiro 15 de abril, en horario de mañá e tarde e con entrada de balde.
Narón, 29 de Marzo de 2011.- O Pazo da Cultura de Narón acolle dende hoxe e ata o vindeiro día 15 de abril a exposición “15 anos mantendo o noso legado” composta por instrumentos de percusión elaborados por alumn@s do Obradoiro de Construcción de Instrumentos de Percusión Tradicionais Galegos. A mostra estará aberta ó público de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Esta exposición quere dar a coñecer o amplo abano de instrumentos de percusión que forman parte da cultura tradicional galega. O proceso de construcción dos mesmos realízase integramente dunha maneira natural, artesanal e manual, respectando a materia prima e os materiais naturais, o que permitirá que os instrumentos estean en contínua evolución, facendo que mellore a calidade e a sonoridade, e evitando que se perda o xeito tradicional da construción artesanal galega. O Obradoiro de Instrumentos de Percusión organizouse por vez primeira no ano 1996, por iniciativa do Padroado de Cultura, cun total de 7 alumnos, que tiñan que comprar para eles unha serra e un martelo. Dende o ano 1999, é impartido polo actual mestre, Emilio Romero Fabal. Dada a demanda rexistrada, pasa a ter un total de 25 alumn@s nos seguintes anos. Trala inauguración do Pazo da Cultura, o obradoiro trasládase a estas instalacións no ano 2009 e continúa crecendo a demanda de prazas de alumnado, chegando a ser na actualidade un total de 36 alumn@s, con lista de espera. Ante o interese que segue a despertar, o vindeiro curso 2011-2012 mirarase de ampliar os horarios existentes co fin de aumentar as prazas. Entre as actividades do curso, aparte da formación específica na construcción de instrumentos, tamén se imparten cursos complementarios ou de materias relacionadas coa tradición e os traballos artesanais. Este ano, realizarase un curso de construción de Axouxeres impartido pola artesana cesteira Pilar Burgo Fernández. Tamén se levan a cabo actividades de formación na cultura tradicional, como visitas a outros obradoiros artesanos, museos etnográficos, museos de tradición popular, etc… estando programada para este ano unha visita á Escola de Artes e Oficios de Vigo. Na actualidde, só existen en Galicia dous obradoiros deste tipo, o de Narón e a Escola de Artes e Oficios de Vigo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal