Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADOS DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN PARA ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIAL
Os patrocinadores entregarán material para empregar no programa de Educación Vial Municipal.
Narón, 1 de Abril de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe dous convenios de colaboración coas empresas Alcampo Ferrol e Begano (Coca-Cola) para a realización de actividades de Educación Vial nos centros de ensino de Narón (Escolas Infantís Municipais, Colexios e Institutos) por parte do equipo de Educación Vial Municipal. O convenio permitirá a dotación de material para levar a cabo as clases de educación vial por parte do equipo do Concello, formado polo policía local Pedro Caneiro e o técnico de INEF Simón Cabarcos. “A colaboración con patrocinadores é importante porque nos vai permitir continuar formando ós futuros conductores do mañá, que hoxe son os rapaces e as rapazas das escolas. Resulta importantísimo educarlles no coñecemento e nas regras da seguridade vial”, declarou José Manuel Blanco. Por parte das empresas asinaron o convenio Javier de Paz Vázquez (Alcampo Ferrol) e Jose Angel Pico Garrido (Begano), e ambos amosáronse satisfeitos de poder colaborar nun proxecto de educación vial destas características, que ten acadado un premio a nivel nacional (Ponle Freno) fai un mes. Pola súa banda, o Concelleiro de Seguridade Vial, Ramón Padín, destacou o esforzo e o empeño do Concello de Narón por fomentar o uso da bicicleta como medio sostenible e ecolóxico de transporte. Para iso, no día de hoxe comenzouse co pintado dun carril-bici ó longo do paseo marítimo de Xuvia, dende Megasa ata Neda, que estará rematado o vindeiro martes. Ademáis, o Concello contempla no futuro a creación dunha senda ciclista que unirá A Gándara con Xuvia ó longo do paseo marítimo, aproveitando o tramo do camiño inglés a Compostela que discurre por este lugar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal