Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO FIRME DE A SOLAINA COMENZA O LUNS 4 DE ABRIL
Consulte aquí as rúas que pasan a ser de dobre sentido de circulación.
Narón, 1 de Abril de 2011.- O Concello de Narón continúa co proxecto de reposición do firme do entramado viario do barrio de A Solaina, dividido en tres fases, a primeira das cales xa está rematada. A segunda fase iniciarase o luns dia 4 de abril, e os cruces afectados serán os seguintes: - Rua Lugo con Avda da Solaina en ambas direccións - Rua Ourense con Rua Reis Católicos - Rua Pontevedra con Rua Cristobal Colón. - Avda da Solaina con Rua Francisco Pizarro. Dende a Concellería de Seguridade Cidadá e Tráfico do Concello de Narón e da Xefatura da Policía Local de Narón se solicita ós veciños de A Solaina toda a colaboración posible para que o proceso de reposición do firme do entramado viario do barrio de A Solaina cause, dentro das inevitables molestias, as menores posibles. A nova distribución das rúas durante estas obras será a seguinte: A Avda da Solaina entre as rua Coruña e Ourense pasará a ser de dobre dirección en ambos sentidos. A Avda da Solaina entre a rua Pontevedra e Alexandre Bóveda pasará a ser de dobre dirección en ambos sentidos. A rua Reis Cataólicos entre a rua Lugo e a Rua Frnacisco Pizarro será de dobre dirección. A rua Cristobal Colón dende a rua Lugo ata a Rua Alexandre Bóveda será de dobre dirección. A rua Lugo entre a rua Xaquín Bruquetas e a Reis Católicos será de dobre dirección. A rua Ourense entre a rua Xaquín Bruquetas e a rua Cristobal Colón pasará a ser de dobre dirección. A rua Pontevedra entre a rua Reis Católicos e a rua Cardenal Cisneros pasará a ser de dobre dirección. A rua Francisco Pizarro dende a rua Xaquín Bruquetas pasará a ser de dobre dirección. A circulación aínda que garantida vai estar moi condicionada, xa que moitas rúas nalgún momento van a estar cortadas ó tráfico nun dos seus extremos, pasando a ter un réxime de circulación de dous sentidos, un de entrada e outro de saída, polo mesmo carril. Dada a configuración das rúas, so existe un carril de circulación o cal terase que compartir para os dous sentidos de circulación, tendo un conductor que desviarse á zona de estacionamento para permitir o paso do vehículo que circula en sentido contrario. Para non ter que eliminar o estacionamento na súa totalidade, solicítase que na medida do posible se aproveiten as entradas ós garaxes para realizar este cruce. De non ser suficiente esta opción, a Policía Local veríase na obriga de suprimir o estacionamento para garantir a circulación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal