Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO FIRMA CINCO CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS POR IMPORTE DE 67.500 EUROS
O CONCELLO FIRMA CINCO CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS POR IMPORTE DE 67.500 EUROS
Son o Club de Remo Narón, Club Acordes Narón, Club A Fervenza de Fútbol Sala Feminino, Club Balonmán, e Agrupación Deportiva Santiago Apóstol.
Narón, 5 de Abril de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os representantes de cinco entidades deportivas de Narón asinaron hoxe os convenios de colaboración correspondentes ó ano 2011. En conxunto, a cantidade que o Concello achegará a estas agrupacións suma 67.500 euros, do total que o goberno municipal destinará á colaboración con entidades deportivas durante este ano, que ascende a 430.000 euros.

As asociacións que hoxe firmaron os convenios son as seguintes:

-Club de Remo Narón: 7.500 euros. Asinou o convenio Juan A. Santos Viladóniga.

-Club Acordes Narón: 19.000 euros. Asinou o convenio Izaskum Hernaez.

-Club A Fervenza Fútbol Sala Feminino: 6.000 euros. Asinou o convenio Mª Eulalia Mouriz Cordero.

-Club Balonmán Narón: 17.000 euros. Asinou o convenio Paulino Rojo Martínez.

-Agrupación Deportiva Santiago Apóstol: 18.000 euros. Asinou o convenio Juan Manuel Pérez Porto.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que estos cinco convenios son os primeiros que se firman en materia deportiva neste ano 2011, e que próximamente continuarase rubricando acordos co resto de asociacións deportivas coas que teñe convenio o Concello. “A pesares da crisis económica que nos obrigou a reducir o orzamento municipal neste ano, incluida a partida destinada a Deportes, esto non supón que non sigamos apoiando o noso deporte. Hai que aguantar estos anos difíciles porque máis adiante verán tempos mellores” sinalou o rexedor.

Non obstante, José Manuel Blanco deixou claro que áreas coma “maiores, infancia, cultura e deportes” sufrirán o menor recorte posible, porque apostamos fortemente por estes pilares da sociedade.

Na mesma liña expresouse a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, ó agradecer ós clubes o seu apoio nestas circunstancias adversas. “Son momentos difíciles nos que o apoio dos patrocinadores privados e das familias resulta imprescindible, pero agardamos que a economía tocase fondo e a partires de agora podamos ir hacia arriba, ir hacia diante”; declarou a Edila.

Por último, en nome do Clube de Remo Narón, Juan A. Santos Villadóniga, agradeceu ó Concello o seu apoio coa práctica e o fomento do deporte.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal