Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CELEBRACION DA FESTA DOS MAIOS NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE PIÑEIROS
CELEBRACION DA FESTA DOS MAIOS NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE PIÑEIROS
Na tarde do sábado realizarase un mosaico floral e se exporán os traballos feitos por 1.500 escolares de Narón.
Narón, 5 de Maio de 2011.- O Centro Cívico Social de Piñeiros acollerá os días 7 e 8 de Maio unha nova edición do programa Maios de Narón, organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Sociedade Cultural Areosa. Trátase da 14ª edición deste programa, aberto á poboación en xeral –que poden participar cun Maio, ou na construcción do mosaico floral- e ós escolares de tódolos niveis educativos dos centros de ensino de Narón.

O calendario de actos previstos para esta celebración é o seguinte:

Sábado 7 de maio

17:00 horas: Concentración no adro da Igrexa de Piñeiros.
17:30 horas: Saída da Comitiva.
17:40 horas: Recepción no Pavillón.
18:00 horas: Programa de actos dos xogos florais:
-Actuación dos grupos do Padroado
-Realización do Mosaico Floral
-Mostra de Cadros Florais.

Domingo 8 de maio

De 11:00 a 20:00 horas: Exposición dos traballos florais.

A exposición de cadros florais está formada por 70 cadros realizados polos escolares dos seguintes centros: CEIP A Solaina, CPI O Feal, CEIP Ponte de Xuvia, CEIP Piñeiros, CEIP Santiago Apostol, CRA de Castro e Domirón, e as Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Na confección destos maios participaron arredor de 1.500 nenos/as.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal