Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CREA UNHA PÁXINA WEB PARA DIFUNDIR O PATRIMONIO NATURAL DO RIO XUVIA
O CONCELLO CREA UNHA PÁXINA WEB PARA  DIFUNDIR O PATRIMONIO NATURAL DO RIO XUVIA
Está dispoñible no enderezo http://rioxuvia.naron.es
Narón, 5 de Maio de 2011.- O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe a páxina web rioxuvia.naron.es, deseñada co fin de potenciar o patrimonio medioambiental a nivel hidrográfico, e de ecosistema do que Narón dispón, no marco do espazo natural europeo “Rede Natura 2000”.

Esta páxina foi elaborada coa cofinanciación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e con fondos municipais, e deseñada a partires do proxecto técnico “Didáctica do Patrimonio Natural Xuvia-Río Natura”. O coste total deste proxecto foi de 24.000€.

A páxina web contén varios apartados polos que navegar, entre os que se recollen unha galería fotográfica, un itinerario autoguiado con proposta de rutas para facer, e un apartado de novidades e modos de acceso. Ademáis, proximamente incluirá unha visión integral da cunca hidrográfica fluvial do río Xuvia, mediante un atlas interactivo do río Xuvia.

Este atlas permitirá navegar a través dos distintos lugares e detalles da cunca, percorrendo por capas o mapa forestal, demográfico, agropecuario, patrimonial, hidrográfico, orográfico, etc… ofrecendo unha sintética pero abondosa información sobre estos aspectos.

Tamén queda deseñado un foro, que se irá desenvolvendo nos vindeiros meses para posibilitar a participación de entidades asociativas, estudiososo, persoas curiosas e cidadanía en xeral.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal