Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLE AS XORNADAS "CORAZON AMIGO"
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLE AS XORNADAS
Se celebran o sábado 14 de maio, son gratuitas e se completan con obradoiros sobre deporte e alimentación saudable.
Narón, 12 de Maio de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o sábado 14 de maio, en horario de 10:15 a 14:00 horas, as xornadas “Corazón amigo”, organizadas pola Fundación Zonascardio en colaboración co Concello de Narón. A entrada é gratuita, e as inscricións para participar nos obradoiros complementarios pode realizarse o mesmo día.

Trátase dunha serie de conferencias dirixidas ó público en xeral, pero sobre todo a deportistas, nas que se incidirá na importancia de manter a saúde cardiovascular. As xornadas será inauguradas polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen dará paso a cinco ponencias sobre as enfermidades cardiovasculares e a prevención da morte súbita do deportista, a dieta cardiosaudable e o deporte, a desfibrilación temperá, o tabaquismo, e a alimentación saludable. Estarán impartidas por doutores especialistas nestas áreas.

Ademáis, completaranse con obradoiros durante toda a xornada nos que se elaborarán platos cardiosaludables, se ensinarán técnicas de reanimación cardiopulmonar, haberá un concurso de debuxo e de relato corto, e deportes (spinning, aerobic, e pilates). Tamén se realizará unha gimkana coa misión de intentar salvar a vida de alguén que sufrira un paro cardíaco.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou o compromiso firme do Concello coa protección da saúde cardiovascular, materializado nunha inversión de 25.000 euros destinados á compra de desfibriladores. Así, téñense instalado 9 equipos de reanimación cardiovascular nos principais edificios públicos: Casa Consistorial, Pazo da Cultura, pavillóns polideportivos, campo de fútbol, e vehículo de Atestados da Policía Local. Ademáis, téñense formado a 42 persoas para poder usar estos aparatos.

“A prevención de accidentes cardiovasculares é moi importante para nos, porque en Narón temos 3.500 rapaces e rapazas practicando deporte e temos que poñer os medios necesarios para evitar este tipo de sucesos”, declarou ó respecto o rexedor.


Descarga de archivos
Cartel Xornadas "Corazón Amigo"Tamaño: 125,68 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal