Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADOS CATRO CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS DE NARÓN
Os beneficiarios son AFAES, TEIMA, AFAL, e Secretariado Xitano.
Narón, 12 de Maio de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe catro convenios de colaboración coas entidades AFAL, AFAES, TEIMA e a Fundación Secretariado Xitano por importe conxunto de 35.000 euros. O rexedor explicou ós presidentes destas entidades, presentes na firma dos acordos con vixencia durante o ano 2011, que o Concello de Narón mantén a “vontade de seguir colaborando coas entidades, a pesares de que a crise económica actual obrigounos a reaxustar as cantidades. En canto podamos saír desta situación, ampliaremos de novo as achegas”; declarou o Alcalde. Os convenios asinados hoxe suman en total 35.000 euros, repartidos do seguinte xeito: -Asociación AFAES Portanova: 4.000 euros -Asociación TEIMA: 8.000 euros -AFAL: 3.000 euros -Secretariado Xitano: 20.000 euros

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal