O paseo marítimo de Xuvia e o polígono de RIo do Pozo serán os escenarios nos que se celebre o evento, os días 3, 4 e 5 de xuño.
Narón, 13 de Maio de 2011.- O Paseo Marítimo de Xuvia e o polígono de Rio do Pozo acollerán os días 3, 4 e 5 de xuño a VI Concentración Moteira Cidade de Narón organizada polo Motoclub Fojeteiros, en colaboración co Concello de Narón e o Plan de Dinamización Turística da Deputación de A Coruña.
Por primeira vez, as xornadas incluirán unhas Xornadas sobre Turismo Activo, nas que os moteiros percorrerán diferentes lugares da comarca co fin de coñecer o paisaxe e o patrimonio cultural da mesma. Así, levarán a cabo dous rutas:
Sábado 4 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o Faro de Valdoviño e a praia da Frouxeira. Regreso ás 14:00 horas.
Domingo 5 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o pobo de A Graña, e San Felipe (incluíndo o Castelo). Despois partirán a Cabo Prioriño, para visitar as baterías de Cabo Chico e As Viñas. O regreso está previsto para as 13:30 horas.
Programa da VI Concentración Moteira Cidade de Narón:
VENRES 3 DE XUÑO
A partires das 18:00 horas: Apertura de inscripcións.
Actuación dos grupos noveis da Escola de Música Moderna de Narón Terapia e Bull Dog.
Simulador de caballitos x-bike.
Concerto musical cos grupos Que cunda o pánico!, Capitán Morgan e Riff Raff.
SÁBADO 4 DE XUÑO
A partires das 10:00 horas: apertura de inscripcións. Ruta turística pola comarca.
Acrobacias a cargo de Paulo Martinho (Exhibición con moto e Ferrari) no aparcadoiro de camións do polígono de Rio do Pozo.
Diversos entretementos e simulador de caballitos x-bike na carpa. Cea na carpa do paseo marítimo de Xuvia.
Desfile das antorchas (ás 23:30 horas) percorrendo a estrada de Castela ata a Ponte das Cabras. Farase en memoria dos moteiros que perderon a vida na estrada.
Conxuro e queimada.
Gran festa moteira co grupo Los m&n`s band e festa amenizada por Disco Master.
DOMINGO 5 DE XUÑO
Almorzo moteiro na carpa.
Ruta turística pola comarca.
Xantar e entrega de trofeos e premios nas diferentes categorías.
O prezo da inscripción é de 30. Pode facerse a través do tf 697 269 102; no enderezo info@motoclubfojeteiros.com, e tamén en www.motoclubfojeteiros.com ou en Facebook.