Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES DEPORTIVAS
Son o Club Narón Balompé Piñeiros, o Club de Atletismo Sierra de Narón, ea a Escola Superior de Kárate de Narón.
Narón, 18 de Maio de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración co Club Narón Balompé Piñeiros, o Club de Atletismo Sierra de Narón, e a Escola Superior de Kárate de Narón. En representación destas entidades acudiron os seus presidentes, Emilio Andrés Gómez, Mª Antonia Romero García, e Victoriano Casal Sánchez, respectivamente. O Concello destinará a estas tres agrupacións deportivas un total de 158.000 euros, repartidos do seguinte xeito: -Club Narón Balompé Piñeiros: 128.000€ -Club de Atletismo Sierra de Narón: 21.000€ -Escola Superior de Kárate de Narón: 9.000€ Con estos convenios, dende o Concello de Narón preténdese afianzar o desenvolvemento dun asociacionismo forte e con proxección de futuro, e potenciar e promocionar as diferentes actividades deportivas de carácter competitivo. Búscase así reforzar a presencia dos clubes locais que nun futuro próximo construirán os peares do asentamento e crecemento do sistema deportivo municipal.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es