Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A II FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2011' CELÉBRASE DO 17 Ó 19 DE XUÑO EN XUVIA
A II FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2011' CELÉBRASE DO 17 Ó 19 DE XUÑO EN XUVIA
Instalaránse máis de 20 bodegas de viño nos paseos marítimos de Narón e Neda. Haberá actuacións musicais, un espazo infantil e oferta gastronómica.
Narón, 17 de Xuño de 2011.- O Concello de Narón, en colaboración co Concello de Neda organizan a II Feira do Viño ‘Xuviño 2011’ que se celebra os días 17, 18 e 19 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Está prevista a instalación de máis de 20 bodegas de viño nos paseos de Narón e de Neda.

‘Xuviño 2011’ contará con viños con denominación de orixe de Ribeiro, Albariño, Rioja e Rivera del Duero, entre outros. O horario de apertura será de 10 a 22 horas, ininterrumpidamente. Para poder acceder ás bodegas e probar os caldos, haberá que mercar un talonario de 5 tickets ó prezo de 5€. Dependendo da calidade do viño, o seu prezo oscilará entre 1€ e 3€ por consumición. Aparte, haberá que pagar 1€ por empregar a copa na que se probarán os viños.

Os bodegueros instalaranse a ambas marxes do rio Xuvia, nas zonas correspondentes a Narón e Neda. Ademáis de degustar caldos, os visitantes atoparán nesta edición de Xuviño varios postos de embutidos, queixo de A Capela, e Pementos do Couto. A oferta gastronómica completarase con varios establecementos hosteleiros nos que se ofrecerá paella, churrasco, empanadas e embutidos ibéricos.

O paseo marítimo de Xuvia disporá dunha zona de ocio –tanto en Narón coma en Neda- para os nenos/as, e ademáis como novidade haberá música ambiente durante todo o día, que se transformará en concertos o sábado e o domingo, ás 19:00 horas.

Estas actuacións están organizadas pola Obra Social “la Caixa”, e forman parte do ciclo Diversons- Música para a integración. Este programa promociona a grupos que interpretan música de raíz ou de inspiración tradicional dos seus respectivos países ou culturas. Así, traerán a Narón ós grupos Maracatú FM (sábado) e Rosario Solano (domingo). Ambos concertos celebrarán no paseo marítimo de Xuvia, de xeito gratuito.

Maracatú FM é un grupo brasileño que destaca pola súa creatividade, e pola constante investigación musical. A súa liña artística queda trazada pola unión da música folclórica pernambucana con diferentes sonidos contemporáneos, coma o funk, o rock ou a música electrónica. Con todos estos elementos, os seus concertos convértense nun espacio no que conflúen maxia, enerxía e musicalidade.

Rosario Solano é unha cantante de fado portugués. Acompañada por dous instrumentistas de grande experiencia, esta artista realizará un percorrido que vai da cara máis tradicional do xénero –representada por Amalia Rodrigues- ás propostas máis actuais –consolidadas grazas ás voces de Dulce Pontes ou Mariza-.

Xuviño 2011 inaugúrase o venres ás 18:00 horas por parte do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e do Alcalde de Neda, Ignacio Cabezón. O horario de apertura durante o fin de semana será de 10:00 a 22:00 horas, o sábado e o domingo.






Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal