Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 300 MOZ@S PARTICIPARÁN NO IX ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE
Se celebra o dia 4 de xuño no entorno da Casa da Mocidade, en A Gándara.
Narón, 2 de Xuño de 2011.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o IX Encontro Local da Mocidade, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de xuño no entorno da Casa da Mocidade de Narón. O evento desenvolverase en horario de 12:00 a 21:15 horas, con entrada gratuita, e dirixido principalmente a mozos/as de 16 a 25 anos de idade. Están programadas actividades como graffiti, tenis de mesa, tiro con arco, ou unha kedada de skate na que participarán 60 skaters de tódala provincia. Tamén haberá obradoiros de emprego, e de camisetas –este último a cargo da Asociación de MInusválidos-. A velada completarase con actuacións musicais. (Adxúntase cronograma do Encontro) Na rolda de prensa celebrada hoxe tamén se presentou o 4º número da revista Dameuntoke, da que a Concellería de Mocidade edita 1.000 exemplares. Esta publicación pode descargarse dende hoxe na páxina web da concellería (www.dameuntoke.eu) e tamén se pode encontrar nos principais edificios públicos municipais (Concello, Biblioteca, Casa da Mocidade, Pazo da Cultura…) Ademáis, o Concello distribuirá perto de 725 exemplares nos centros educativos de Narón, entre os estudiantes de 12 a 17 anos de idade. O nº4 da revista Dameuntoke inclúe unha reportaxe sobre os recursos de orientación laboral no Concello de Narón, outra sobre a Escola de Baile Moderno do Padroado de Cultura, e noticias sobre o Rexistro Municipal de Bicicletas, e o software libre. Comprétase con información sobre lugares con encanto e actividades dirixidas á xuventude. “Tratamos de facer unha publicación amable, cercana e fácil para amosarlle á mocidade tódolos recursos que se ofrecen dende o Concello”, concluíu Natalia Hermida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal