Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A II FEIRA DAS ENERXÍAS LIMPAS E CONSTRUCCIÓN BIOCLIMÁTICA
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A II FEIRA DAS ENERXÍAS LIMPAS E CONSTRUCCIÓN BIOCLIMÁTICA
Ten lugar os días 11 e 12 de xuño, con entrada de balde.
Narón, 2 de Xuño de 2011.- O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acollerá os días 11 e 12 de xuño a II Feira de Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática, organizada pola Concellería de Feiras e Mercados en colaboración coas Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente do Concello de Narón.

O evento contará con numerosas empresas intimamente relacionadas co mundo da bioconstrucción e das enerxías renovables, dende o proxectista ou o suministrador de materiais ecolóxicos ata empresas bioconstructoras de ámbito galego, que ocuparán a área de exposición.

De xeito paralelo, celebrarase un ciclo de conferencias baseado no aforro enerxético, a ecoloxía e a saúde. Nas ponencias, os expertos exporán o seu punto de vista sobre a construcción do futuro. Ademáis, organizaranse obradoiros de construcción natural, fornos e cociña solar para nenos e maiores. Pero, sen dúbida, o gran atractivo da feira será a construcción dun alpendre con balas de palla.

Relación de obradoiros previstos:

Radiestesia. Impartido por Xulio Fernández, arquitecto técnico especializado en bioconstrucción e xeobioloxía.

Construción natural (fornos de barro, muros de barro e palla,...). Javier Ovejero, ebanista e bioconstructor.

Cociña solar. Juan Bello Llorente.

Encontro solar. Convocatoria de todos aqueles que teñan un forno ou cociña solar para cociñar co sol. Juan Bello Llorente.

Obradoiros infantis – Terranova SL –Haberá educadores que introducirán a nenos dende 3 anos nos Xogos Tradicionais de Galicia (zancos, a rá, paus do diaño, e moitos máis).
Construción con balas de palla . Dirixido por alumnos do curso impartido por Rikki Nitzkin en Antas de Ulla.

As conferencias previstas, se desenvolverán o sábado dia 11, entre as 10:00 e as 18:30 horas, e o domingo dia 12 de 10:00 a 14:00 horas.

Relación de ponentes confirmados:

Juan Bello Llorente. Arquitecto técnico, experto en Bioconstrucción. Profesor do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Someso – A Coruña.

Javier Goyanes. Prospector xeobiolóxico. Socio e representante de GEA en Galicia.

Antonio Seijas. Arquitecto técnico e Prospector xeobiolóxico. Socio e representante de GEA en Galicia.

Guido Tomasini. Artesano e bioconstructor. Especialista en técnicas de revocos e restauración con barro.

Mike Lehmhaus. Arquitecto licenciado na Universidade de Kassel - Alemaña. Fundador do Estudio de arquitectura Casadobe (medición Blower Door, insuflación de celulosa Biocell, rehabilitación edificios, casa pasiva…)

Ana Recuna e Iñaki Mendizábal. Arquitectos, conforman o estudio de arquitectura Mendizábal Recuna SLP. Levan a dirección da Oficina de Rehabilitación de Ferrol.

Manuel Soto Castiñeira. Licenciado en Ciencias Químicas, Profesor titular do Dpto. Química Física e Enxeñería Química I e Director da Oficina de Medio Ambiente. Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental. Universidade da Coruña.

Antonio Raya de Blas, Vier Arquitectos e Arquitecto profesor do departamento de Construcións Arquitectónicas da E.S.T.A da Universidade da Coruña.

Alberto Vázquez Garea. Presentación da reciente formación da Asociación de Enerxía Minieólica en Galicia.


Para máis información, pódese consultar o seguinte enderezo web: http://www.aldeanovaeventos.blogspot.com



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal