Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON SETE ENTIDADES
O Concello destina un total de 25.400 € a estas colaboracións, durante o ano 2011.
Narón, 1 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, asinou hoxe sete convenios de colaboración con entidades sociais e culturais por importe total de 25.400 euros. A este respecto, o rexedor sinalou que a pesares de que a aportación municipal reduciuse en relación ó ano anterior, “estamos orgullosos como Concello de poder continuar con estas colaboracións, e agardamos poder sair da crisis económica e ampliar as axudas”. Neste senso, o Alcalde lembrou que o Concello de Narón investirá neste ano 2011 perto de 1.100.000 euros en convenios con entidades. A relación de convenios asinados e os programas que se realizarán ó abeiro dos mesmos é a seguinte: -Asociación de economía social Briante. 3.000 €. Desenvolvemento de programas de orientación laboral e apoio ó pequeno comercio. -Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón. 1.900 €. Colaboración en materia de ensino. -Asociación de Veciños de O Couto. 5.000 €. Desenvolvemento do programa “Tempo de música”, e apertura do Mosteiro do Couto para visitas –mínimo 6 horas á semana-. -Asociación da Terceira Idade de Pedroso. 2.500 €. Programas culturais e deportivos dirixidos ás Persoas Maiores. -Asociación Cultural Areosa. 5.000 €. Realización de actividades coma a festa do socio, o Certame de Habaneras, os Maios, o Magosto, o Festival de Panxoliñas, Canto coral, maratón de lectura no Día do Libro, e Antroido. -Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. 5.000€. Para o programa estival de acollida de nenos/as sarahauis –un mínimo de 6 e un máximo de 10- “Vacacións en paz”. -Fundación Artabria. 3.000 €. Desenvolvemento do Festival da Terra e da Lingua, na área recreativa do muiño de Pedroso. Na firma dos convenios, o Alcalde estivo acompañado polas delegadas das áreas correspondentes ós distintos convenios: Catalina García (Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá), Natalia Hermida (Concelleira de Mocidade e Deportes), Mª del Mar Gómez (Concelleira de Emprego e Formación Laboral) e Mª del Carmen Espada (Concelleira de Ensino).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal