Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL ÓS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
RECEPCIÓN INSTITUCIONAL ÓS NENOS E NENAS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN NARÓN
Narón, 6 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Acción Social, Catalina García, ofreceron hoxe unha recepción institucional ós 3 nenos e 2 nenas que participan no programa ‘Vacacións en Paz’, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, con quen o Concello ten un convenio de colaboración.

Ese acordo establecía a financiación necesaria para traer neste verán a 5 nenos procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, no Sáhara, que están a vivir con familias de acollida durante estos meses de xullo e agosto.

O Alcalde de Narón e a Concelleira de Acción Social obsequiaron ós nenos e nenas homenaxeados con material escolar e adicáronlles unhas palabras de benvida, desexándolles unha feliz estancia no municipio de Narón. O rexedor explicou ás familias de acollida que o Concello fai un esforzo económico importante por seguir colaborando con este programa, e que a pesares de que debido á crise tívose que reducir lixeiramente o convenio coa asociación promotora desta causa, a intención é continuar co programa e no ano 2012 aumentar a aportación.

A este respecto, a Concelleira de Acción Social, Catalina García, lembrou que o Concello de Narón leva 15 anos colaborando e facendo realidade o programa de ‘Vacacións en Paz’ que permite ós menores “disfrutar do noso país e da nosa cultura, e poder acceder ó noso sistema sanitario”. García agradeceu tamén ás familias de acollida “a súa adicación ós nenos e o sentimento especial que teñen cara a eles”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal