Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO XI FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA DA FUNDACIÓN ARTABRIA
Celébrase os días 15 e 16 de xullo na área recreativa de Pedroso, con entrada libre.
Narón, 6 de Xullo de 2011.- A área recreativa de Pedroso acollerá, os dias 15 e 16 de xullo, o XI Festival da Terra e da Lingua “Derrubando os muros da (des)informaÇom” organizado pola Fundación Artabria, en colaboración coa Concellería de Mocidade de Narón. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola edil da área, Natalia Hermida, e os responsables da organización. O programa do Festival é o seguinte: Venres 15 de xullo (ás 22:00 horas) Actuación musical dos seguintes grupos: Nhió!, Resíduos Atractivas, Sacha na horta, e Eina. Sábado 16 de xullo (ás 22:00 horas) Actuación musical de Arenga, Chotokoeu, Die Tsunami, e Dios ke te crew. Ademáis dos concertos, durante estos dous días haberá churrascada, unha zona de acampada, un torneo de futbol 3, un festival infantil, exposicións e debates sobre os medios de comunicación. A Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, fixo un chamamento á participación da xuventude neste festival, que cumpre xa o seu 11 aniversario.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal