Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DE TRES CURSOS DE IGUALDADE
Un total de 41 alumnas superaron con éxito os cursos de cultura básica, organización e xestión familiar, e confección.
Narón, 8 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os 41 diplomas correspondentes a tres cursos organizados por esta concellería. A relación de cursos impartidos foi a seguinte: -Curso “Cooperando en igualdade por medio da educación” (30 diplomas) . As alumnas adquiriron ou actualizaron unha formación básica de lectura, escritura e cálculo que permitiralles desenvolverse en diferentes situacións da vida cotiá, ademáis de acceder aos distintos niveis educativos e profesionais. -Curso “Cooperando en igualdade: destrezas de xestión persoal” (8 diplomas). As asistentes formáronse en habilidades para mellorar os seus hábitos domésticos, e obter habilidades sociais e preelaborais. -Curso para a mellora da economía doméstica a partir dunha destreza ocupacional: Confección (3 diplomas). As alumnas adquiriron coñecementos para aprender a confeccionar as súas propias prendas de vestir. Antes de facerlles entrega dos diplomas, o Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, agradeceulles a súa participación nestos cursos e animoulles a seguir adquirindo formación para mellorar a súa calidade de vida. “Na vida é útil aprender todo o que sexa posible, e manter as ansias por aprender tamén o é”, sinalou o rexedor. A Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, destacou a calidade e a utilidade destos cursos, especialmente nos momentos actuais de crise.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal