Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XIII OENACH ATLÁNTICO SE CELEBRARÁ DO 29 Ó 31 DE XULLO EN SEDES
Agárdase a presenza de 15.000 visitantes durante ese fin de semana, para contemplar a recreación da vida nunha aldea rural de antaño.
Narón, 8 de Xullo de 2011.- A parroquia de Sedes acollerá, do 29 ó 31 de xullo, a 13ª edición do Oenach Atlántico, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración co Grupo de Traballo de Sedes. Na organización deste evento están a participar ademáis 120 veciños desta parroquia, que levan seis meses preparando todo o necesario para recrear a vida nunha aldea castrexa. Este evento cultural contará coa visita de máis de 15.000 persoas procedentes de toda Galicia e Portugal, segundo apuntaron hoxe os organizadores. O programa de actividades é o seguinte: Venres 29 de xullo 22,30h Recreación parateatral de acendido de lumes e benvida de estandartes de clanes convidado no Oenach 22,40h Noite de Múseca Galiciana: Noite do acordeón Sábado 30 de xullo 11,00-21,00h Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal. Recreación museística de Aldea Castreño. Foro Galiciano de Asociacións Rurais. Merca-Troco de obxetos usados. Mercadiño de artesanía varia. Mostra etnográfica. 14,30h Xantar de empaña de xurelo lañado, e costela de porco celta ó braseiro 16,30h Xogos populares e deporte rural. 22,30h Noite do Castro:Recreación parateatral no Castro de Eiravedra da obra". 23,30h Ruada en Placente con repichoca popular. Domingo 31 de xullo 10,00-20,30h Mostra e Feira do Porco Celta. Mostra e Feira do Can de Palleiro. Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal. Recreación museística de Aldea Castreño. Foro Galiciano de Asociacións Rurais. Merca-Troco de obxetos usados. Mercadiño de artesanía varia. Mostra etnográfica. 12,00h Exhibición de manexo de animais: -Arrastre de toradas con parellas de vacas e bois. -Adestramento de can de palleiro. 13,15h Recreación parateatral na Aldea Castreña. 14,30h Xantar na parcela do Oenach. 17,30h Xogos populares,deporte rural e arrastre con gando. 19,30h Carreira Popular do Castro de Eiravedra. 20,30h Peche do Oenach Atlántico.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es