Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FREIXEIRO ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA O I MERCADO MEDIEVAL
Se celebra entre o venres 15 e o domingo 17 de xullo ó longo do paseo fluvial de Freixeiro.
Narón, 14 de Xullo de 2011.- O parque fluvial do río Freixeiro acollerá dende a tarde de mañá venres e ata o domingo o I Mercado Medieval, que se desenvolverá en horario de mañá (de 11:30 a 15:00 horas) e de tarde-noite (de 18:00 a 00:00 horas). O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola Concelleira de Turismo, Mª del Mar Gómez, e os responsables da empresa organizadora, Fusión Medieval. A edila destacou o feito de que este Mercado Medieval non suporá coste algún para o Concello, que só ten que ceder o espazo para ubicar os perto de 70 postos do mercado, e proporcionarlles a correspondente luz e auga. Pola contra, nesta feira medieval poderá disfrutarse de actuacións e animación durante toda a xornada, ademáis de actividades lúdicas para os máis pequenos e unha ampla exposición de obxetos e alimentos á venta. Mª del Mar Gómez animou a tódolos veciños e veciñas de Narón e comarca a achegarse e disfrutar deste Mercado Medieval, nun entorno acolledor e apropiado coma é o do paseo fluvial do río Freixeiro. Entre as actuacións máis espectaculares coas que os visitantes se atoparán destaca a dun encantador de serpes, e a exposición de oficios tradicionais coma o de herrero, soplador de vidro ou canteiro. Ademáis, haberá unha exposición de obxetos de tortura empregados na idade media (con 20 pezas a tamaño real) e outra exposición de apelidos heráldicos. Os máis pequenos da casa atoparán no Mercado Medieval un rincón infantil, con actividades para xogar. A animación nas rúas desta feira medieval está garantizada, cun espectáculo cada 30 minutos. Haberá pasarúas musicais, actuacións teatrais, e charangas, ademáis de persoaxes fantásticos coma duendes. A feira medieval comprétase cun elevado número de postos nos que pódense adquirir obxetos diferentes: reloxes de madeira, semillas, herbas medicinais, vidrio, bisutería feita con abalorios, productos de aloe vera, amuletos, arcos e frechas, etc…

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal