Os destinatarios son o Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, e as asociacións de veciños Chafarís e Virxe de Fátima.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración coas seguintes entidades: Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, Asociación de Veciños Chafarís e Asociación de Veciños Virxe de Fátima.
Dous destos convenios son en materia de participación cidadá, e outro é de servizos sociais. A firma do acordo co Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro (3.500 ), permitirá a execución de programas de servizos sociais e atención ás persoas maiores, ademáis de actividades culturais e deportivas de carácter municipal. En representación desta entidade acudíu Angel Galdo Soto.
O convenio coa Asociación de Veciños Chafarís (3.000 ) ten como obxecto o desenvolvemento de programas de actividades dirixidos ós seus usuarios. Hoxe rubricou este acordo o presidente da entidade, Manuel García Loureiro.
E por último, o convenio coa Asociación de Veciños Virxe de Fátima (5.300 ), asinado pola súa representante, Maribel Mouriz, servirá para desenvolver accións sociocomunitarias en materia de participación cidadá.
Na firma dos convenios tamén estivo presente a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García.