RECEPCION INSTITUCIONAL ÓS GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL
O Pazo da Cultura acolle este evento, o sábado 16 a partires das 21:00 horas.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós representantes dos grupos que actúan mañá no 21º Festival Folclórico Internacional, que se celebrará a partires das 21:00 horas no Pazo da Cultura, con entrada gratuita.
O rexedor deulles a benvida e amosouse convencido de que disfrutaredes de Narón, ó igual que os veciños de Narón disfrutaremos coas vosas danzas e bailes. Xosé Manuel Blanco destacou que unha das prioridades do goberno municipal é o fomento da cultura e a defensa das raíces, e que por ese motivo este festival lévase realizando durante máis de dúas décadas. O Festival Folclórico Internacional é unha aposta decidida, algo intrínseco do municipio. Non se entendería o verán en Narón sen este evento sinalou.
A continuación, fíxose un intercambio de regalos no que o Alcalde obsequiou ós grupos participantes con diferentes libros sobre a historia e o turismo de Narón.
Os grupos que mañá subirán ó escenario do Pazo da Cultura son os seguintes:
-Grupo Municipal de Coros e Danzas de Baza (Andalucía).
-Asociación Artístico-Cultural e Recreativa Berriztasuna Tadela (Euskadi).
-Ballet folclórico de Temuco (Chile).
-Agrupación Otrora (Colombia).
-KUD PKB KORPORACIJA (Serbia).
-Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón.
-Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura de Narón.