Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESENVOLVE TRES CURSOS PARA DESEMPREGADOS NO CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA
O CONCELLO DESENVOLVE TRES CURSOS PARA DESEMPREGADOS NO CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA
Son os de Atención a persoas no domicilio, Soldador de estructuras metálicas, e Instalador electricista de edificios. En total ofrécese formación a 45 persoas.
Narón, 20 de Xullo de 2011.- O Concello de Narón está a desenvolver actualmente tres cursos pertencentes ó plan de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia, cun importe total de 300.000 euros. A administración autonómica aporta –coa axuda do Fondo Social Europeo- a financiación económica, mentras que o Concello cede as instalacións do Centro de Formación “Irmáns Froilaz” (A Gándara) para o desenvolvemento destas accións.

A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou hoxe estas instalacións municipais, onde esta mañana principaba o Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, con 700 horas de formación e outras 120 horas de prácticas. Neste curso están a participar 15 mulleres, que recibirán formación no coidado de persoas con dependencia en distintos grados, no seu entorno familiar e domiciliario.

A responsable municipal animou ás alumnas a aproveitar ó máximo este curso, asegurándolles que o coidado de persoas dependentes é unha profesión cunha elevada demanda laboral. Esta acción formativa ten un orzamento de 60.000 euros.

Ademáis, Mª del Mar Gómez visitou ós alumnos dos outros cursos que tamén forman parte do plan AFD da Xunta,e que se desenvolven no Centro de Formación de A Gándara. Son os de Soldador de Estructuras Metálicas Lixeiras, e Instalador Electricista de Edificios, con 15 alumnos e 1.000 horas de formación en cada un deles. Entre os dous, suman 225.000 € de orzamento.

A oferta formativa do Concello de Narón se completa co programa Camiño de Emprego, financiado exclusivamente pola administración municipal, e que prevé formar a máis de 200 persoas neste ano 2011, en cursos de corta e mediana duración (entre 30 e 200 horas).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal