Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE DOAZÓN DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE DE GALICIA
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE DOAZÓN DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE SANGUE DE GALICIA
A Unidade Móbil para realizar a doazón de sangue estará os días 16 e 17 de agosto en A Solaina e O Alto.
Narón, 1 de Agosto de 2011.- O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e o Xefe de Promoción do Centro de Transfusión de Galicia (CTG), Antonio Carcedo, presentaron hoxe en rolda de prensa a Campaña de Doazón de Sangue que se desenvolverá os días 16 e 17 de agosto en Narón, baixo o lema “Este verán o teu sangue é vida. Compártea”.

O obxectivo desta campaña é promover a participación dos veciños/as do municipio na doazón de sangue, e deste xeito, garantir o axeitado desenvolvemento do labora asistencial nos hospitais galegos, que nas épocas estivais rexistran unha maior demanda de existencias. A campaña xa se desenvolveu no pasado verán, acadando un total de 824 doazóns de sangue en Narón, unha cifra que este ano preténdese incrementar.

Aquelas persoas que desexen doar sangue poderán facelo o martes 16 de agosto na unidade móbil situada na Praza da Constitución (A Solaina) ou o mércores 17 de agosto en O Alto, frente ó Centro de Saúde. En ambos casos, o horario será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

Para facilitar a difusión desta información, o Concello remitíu 3.000 tarxetas informativas en tres barrios de Narón (A Solaina, O Alto, e A Gándara, a razón de 1.000 tarxetas en cada un deles) co fin de dar a coñecer a iniciativa ós cidadáns de cara ó fomento da doazón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal