Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CURSOS DE GALEGO NO COMERCIO, NA LINGUAXE ADMINISTRATIVA E SEXISMO NA LINGUAXE
Son gratuitos, se desenvolverán en setembro e o prazo para matricularse é do 8 ó 31 de agosto de 2011.
Narón, 3 de Agosto de 2011.- O Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística –dependente da Concellaría de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística- ven de convocar tres cursos de lingua galega, que se desenvolverán no mes de setembro de 2011 co fin de mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía. Os cursos están orientados tanto ós veciños/as de Narón coma ó persoal que traballa na administración municipal, ofertándose os seguintes: “O Galego no comercio”. Dirixido ó persoal que traballa no sector do comercio e á cidadanía en xeral, coa finalidade de mellorar a súa competencia en lingua galega e de reflexionar sobre a importancia de empregar o galego no ámbito do comercio. “A linguaxe administrativa”. Dirixido ó persoal que traballa na administración e á cidadanía en xeral, coa finalidade de dar a coñecer o estilo e as características da linguaxe administrativa, así como a redacción de documentación. “O sexismo na linguaxe”. Dirixido ó persoal que traballa na administración e á cidadanía en xeral, coa finalidade de contribuír ó emprego dunha lingua non sexista nin discriminatoria. Calendario de cursos dirixidos á cidadanía en xeral: *O galego no comercio:do 5 ó 16 setembro, de luns a venres na AVV de A Gándara en horario de 20:30 a 22:30 (20 horas) *O sexismo na linguaxe: do 5 ó 16 setembro, de luns a venres na AVV de A Gándara en horario de 18:30 a 20:30 (20 horas) *A linguaxe administrativa: do 19 ó 30 setembro, de luns a venres na AVV de A Gándara en horario de 18:30 a 20:30 (20 horas) Calendario de cursos dirixidos ó persoal da administración local: *A linguaxe administrativa: do 5 ó 16 setembro, de luns a venres na Casa do Concello en horario de 08:00 a 10:00 (20 horas) *O sexismo na linguaxe: do 19 ó 30 setembro, de luns a venres na Casa do Concello en horario de 08:00 a 10:00 (20 horas) Os interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, entre o 8 e o 31 de agosto (ambos inclusive). Deberán presentar unha solicitude que se lles entrega no propio Rexistro, e a fotocopia do DNI ou do Pasaporte. Os cursos son gratuitos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal