Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO PAZO DE CULTURA PARA ESTE CUATRIMESTRE
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO PAZO DE CULTURA PARA ESTE CUATRIMESTRE
En total haberá 23 espectáculos de teatro, música e maxia. A inversión conxunta ascende a máis de 130.000 euros.

Narón, 6 de Setembro de 2011.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación de teatro e música que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura.

En total está prevista a representación de 23 espectáculos (16 representacións teatrais e 7 actuacións musicais) que en conxunto suman un orzamento de 130.583 euros, aportados polo Padroado de Cultura de Narón (65.799 €), Agadic (50.330 €), a Deputación de A Coruña (11.870 €) e a Compañía de Teatro Residente de Narón (2.583 €).

Segundo explicou o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, a posta en escena desta programación supón “un esforzo económico moi importante, pero que xa tíñamos previsto e que manteremos ó longo do ano 2011 porque para o Concello de Narón a cultura ocupa un lugar prioritario dende sempre”.

Sánchez Fojo destacou a elevada calidade das obras teatrais e dos concertos musicais que se poderán ver no auditorio de Narón neste cuatrimestre. “Só no mes de outubro, por exemplo, temos cinco representacións teatrais das que tres son estreas”, salientou.

A programación cultural deste cuatrimestre é a seguinte:


SETEMBRO

-Venres 16 e sábado 17: Teatro (drama). “Unha hora na vida de Stefam Zweig”. Compañía Lagarta-Lagarta.

-Venres 23 e sábado 24: Teatro (comedia). “Américan Café”. Compañía Teatro do Morcego.

-Venres 30: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego.


OUTUBRO

-Sábado 1: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego.

-Venres 7 e sábado 8: Teatro (Comedia). “E.R. Algún día traballaremos xuntas”. Compañía Teatro do Atlántico.

-Sábado 15: Teatro (Comedia). “El viaje del actor”. Compañía Arte Promociones Artísticas.

-Domingo 23: Música. Concerto de Amaral “Hacia lo salvaje”.

-Venres 28 e sábado 29: Teatro (Comedia). “O florido pensil”. Compañía EME2 Emoción&Arte.


NOVEMBRO

-Xoves 3: Música tradicional e clásica. Rosa Cedrón e Cristina Pato. “Muller”.

-Sábado 5: Teatro (Comedia). “Kungfundidos”. Compañía Bucanero Teatro-Airapro Produccións.

-Xoves 10: Música Celta. Susana Seivane. “Os soños que volven”.

-Sábado 12: Teatro. “Contraacciones”. Compañía Carallada Show-Prem Teatro.

-Xoves 17: Música Popular urbán galega. Marful. “Manual de Seducción”.

-Sábado 19: Teatro (Comedia). “Atra Bile”. Compañía Ningures Producción, S.L.

-Xoves 24. Música folk-fusión. Quinteto Bellón/ Maceiras. “Unión das terras”.

-Sábado 26. Teatro. La Rous. “El refugio”.


DECEMBRO

-Xoves 1: Concerto de Blues-Rock. Victor Aneiros.

-Sábado 3: Maxia. O Mago Teto representa “Novas Tolemaxias”.

-Sábado 17: Música Rock. Di Elas-Di Elas. “Presentación Di Elas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal