Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO NOVO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN
PRESENTACIÓN DO NOVO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN
Os grupos políticos de TEGA, PSOE e BNG asinan un pacto de goberno para o mandato 2011-2015.
Narón, 16 de Setembro de 2011.- Tres dos grupos grupos políticos con representación municipal, Terra Galega (8 concelleiros), PSOE (2 concelleiros) e BNG (2 concelleiros) asinaron hoxe un acordo de goberno para dar estabilidade ó Concello de Narón durante esta lexislatura 2011-2015.

O acordo foi asinado hoxe publicamente polo Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco (actuando en nome de Terra Galega), a voceira do PSOE, Catalina García, e o voceiro do BNG, Pablo Villamar. O rexedor naronés fixo unha valoración moi positiva deste pacto de goberno, sinalando ó respecto que “en Narón seguimos traballando en conxunto polo benestar dos veciños, e a pesar do que nos podería separar, prevalece por encima de todo o interese público”.

O Alcalde de Narón explicou a nova estructura do goberno municipal, que é a seguinte:

Tenentes de Alcalde:
1º Guillermo Sánchez Fojo (TEGA)
2º Catalina García Blanco (PSOE)
3º Pablo Villamar Díaz (BNG)
4º Manuel Antonio Ramos Rodríguez (TEGA)
5º Natalia Hermida Rico (TEGA)
6º Angel Perfecto Castro Rico (TEGA)
7º Mª del Carmen Espada Cortizas (TEGA)

(Estos concelleiros serán tamén membros da Xunta de Goberno Local)

Ademáis, haberá variacións na presidencia das comisións informativas, pasando a ser como sigue:

-Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos: Pablo Villamar.
-Comisión de Actividade Social e Igualdade: Catalina García.
-Comisión de Contratación, Persoal e Contas: Guillermo Sánchez Fojo.


Concellerías:

-Guillermo Sánchez Fojo: Cultura, Protección Civil, Seguridade Cidadá, Festas e Ocio.

-Catalina García Blanco: Participación Cidadá, e Acción Social.

-Pablo Villamar Díaz: Xestión Presupostaria, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Promoción Económica, e Infraestructuras Públicas.

-Teresa Jesús Sabio Rodríguez: Promoción Social, e Igualdade.

-Natalia Hermida Rico: Deportes, Mocidade e Lecer.

-Mª del Carmen Espada Cortizas: Ensino e Bibliotecas.

-Angel Perfecto Castro Rico: Obras Públicas.

-Juan Pablo Mauriz Romero: Servizos, Persoal e Recursos Humanos.

-Manuel Antonio Ramos Rodríguez: Urbanismo, Sanidade, e Medio Ambiente.

-Mª del Mar Gómez Casal: Formación Laboral e Emprego, Turismo, e Feiras e Mercados.

-Mario Isasi Méndez: Patrimonio e Bens Inmobles, Estatística, e Transporte Público.


Logo de firmar o documento, o Alcalde de Narón declarou que “vai significar un empuxe importantísimo para o goberno municipal. Constituimos hoxe un goberno formado por tres partidos, pero un goberno único. E nestos momentos complicados que vivimos pola situación económica, teremos que tomar decisións difíciles para o faremos en conxunto e unidos, polo ben de Narón”.

Na mesma liña pronunciouse a voceira do PSOE, Catalina García, ó declarar que este pacto de goberno supón “un paso adiante para darlle estabilidade ó goberno municipal”. Ademáis, adiantou que “seguiremos realizando un traballo consensuado entre os tres grupos”.

Pola súa banda, o voceiro do BNG, Pablo Villamar, resaltou o carácter positivo do documento asinado hoxe, no que se recollen as 22 liñas programáticas do novo goberno municipal. O programa baséase na optimización dos servizos públicos, o impulso do benestar social, a mellora do urbanismo, medio ambiente e sostenibilidade, a aposta pola normalización lingüística, e o fomento da cultura, a participación cidadá e o deporte. Para garantizar que todos estos acordos se cumplan, o pacto será revisado anualmente.

Pablo Villamar apuntou que este acordo de goberno “permite unha transversalidade entre as diferentes áreas de goberno que beneficiará á cidadanía porque permitirá que coñezan mellor o noso traballo”. O concelleiro engadíu que “se todos somos leais e cedemos, igual que o fixemos na negociación do acordo de goberno, Narón vai ir adiante”. Tanto o edil do BNG coma o Alcalde de Narón tenderon a man ós grupos da oposición (PP e Converxencia Galega) para buscar a colaboración nos temas prioritarios deste municipio.

Finalmente, o voceiro de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, engadiu que a coalición de goberno que hoxe se formou constitúe “o mellor acordo posible neste momento, porque é un pacto de fortaleza política que será positivo para tódolos veciños de Narón”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal