Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
I CARREIRA SOLIDARIA ORGANIZADA POLA ONG LENA, DÉCIMAS NARÓN E O CLUB DE ATLETISMO AFFLEOU NARÓN
I CARREIRA SOLIDARIA ORGANIZADA POLA ONG LENA, DÉCIMAS NARÓN E O CLUB DE ATLETISMO AFFLEOU NARÓN
Terá lugar o domingo 2 de outubro polo barrio de A Gándara, co obxetivo de recadar fondos para axudar nun proxecto educativo en Brasil.
Narón, 19 de Setembro de 2011.- A ONG Lena, con sede en Narón, a tenda deportiva Décimas e o Club de Atletismo Afflelou Narón, están a organizar a I Carreira Solidaria que terá lugar o domingo 2 de outubro, a partires das 10:00 horas, con saída e chegada na Praza de A Gándara.

O evento, para o cal xa están abertas as inscripcións, foi presentado hoxe en rolda de prensa pola presidenta da ONG Lena, Mercedes Taibo, que estivo acompañada pola Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e os responsables da tenda Décimas e do Club de Atletismo Afflelou Narón, organizadores do evento.

Nesta carreira poderán participar atletas federados e non federados, establecéndose as categorías masculina e feminina. Dentro de cada unha delas, existen 10 categorías diferentes, en función da idade dos participantes, con distintos percorridos que van dos 50 metros ós 10 kilómetros, nun circuito establecido dentro do barrio de A Gándara.

As distancias e os horarios das probas son os seguintes:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 Biberóns e Pitufos 50 metros
10:45 Benxamín e Alevín 900 metros
11:00 Infantil e Cadete 2.700 metros
11:30 Absoluta (Xuvenil, Junior, Promesa, e Veteranos) 10.000 metros
13:00 Entrega de premios na Praza da Gándara


Os interesados en participar poden inscribirse a través de tres formas:

-Enviando un correo electrónico a onglena@onglena.org
-A través da páxina web www.championchipnorte.com
-Na tenda de Décimas (no Centro Comercial Alcampo)

A inscrición será gratuita para as categorías biberóns, pitufos, benxamín, alevín, infantil e cadete. Os que participen nas categorías absolutas deberan abonar 5 euros, que se destinarán ó proxecto solidario que ten a ONG Lena en Brasil. O prazo de inscrición rematará o xoves 29 de setembro ás 19:00 horas, ou cando se chegue ós 600 participantes na categoría absoluta. Non se admitirán inscricións o día da proba.

Ademáis, todo aquel que desexe colaborar poderá facelo a través do “dorsal cero”, ingresando a mesma cantidade que os participantes na carreira, na conta 2091-0235-51-3040001240 de Nova Caixa Galicia ou 2100-1831-33-0200092185 de La Caixa.

A totalidade do recadado nesta I Carreira Solidaria destinarase íntegramente ao proxecto educativo que a ONG Lena financia na cidade de LenÇois (Bahía- Brasil). Pódese obter máis información na web www.onglena.org

A retirada de dorsais pódese realizar o día anterior á carreira na Tenda Décinas, ou unha hora antes da saída de cada proba. Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante da categoría absoluta, e haberá sorteo de material deportivo entre tódolos que participen na carreira. Tamén se establecerá unha meta volante na metade do percorrido, na rúa Luis Seoane (diante de Neumáticos Soledad) na que se entregarán vales de gasolina de forma aleatoria.

A saída da categoría absoluta darase na rúa Pintor Sotomaior ás 11:30 horas, discorrendo polas rúas Concepción Arenal, Estrada da Gándara, Estrada da Trincheira, Polígono da Gándara, Avenida do Mar, Luis Seoane, Avenida de Castelao, Estrada do Pavillón, Avenida Irmáns Pita, Rúa de Vigo, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Avenida de Cataluña, Rúa Camiño da Praia, e Rúa Felipe Colmenero.

O percorrido estará sinalizado en cada kilómetro, e disporase de servizo de duchas e vestiarios. Tamén haberá un servizo de avituallamento líquido e sólido na metade e ó remate da proba.

A I Carreira Solidaria da ONG Lena establece os seguintes premios:
-Biberones e Pitufos: agasallo a tódolos participantes.
-Categorías escolares: medalla ós 3 primeiros corredores de cada categoría, por idade e sexo.
-Proba absoluta: trofeo ós 3 primeiros da clasificación xeral Masculina e Feminina, e medalla ós 3 primeiros corredores de cada categoría por idade e sexo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal