Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO II CONCURSO DE FOTOGRAFIA 'CONCELLO DE NARÓN'
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO II CONCURSO DE FOTOGRAFIA 'CONCELLO DE NARÓN'
Organizado pola Concellería de Turismo, para amosar a riqueza patrimonial e turística de Narón. Establécense tres premios en metálico.
Narón, 30 de Setembro de 2011.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, abre mañá o prazo para participar no II Concurso de Fotografía “Concello de Narón”, co obxectivo de mostrar a riqueza do municipio, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares.

Os interesados poderán presentar as súas fotografías no prazo de 1 mes, dende o 1/10/2011 ata o 31/10/2011, no 5º andar do edificio do Concello (departamento de Turismo). Os premios serán en metálico, establecéndose un 1º premio de 600€, un 2º premio de 300€ e un 3º premio de 150€.

Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías -en branco e negro ou en color-, que deberán ser inéditas e poderán ser retocadas pero non se admitirán montaxes nin superposicións. A inscrición é de balde e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade.

As imaxes deberán ter unha resolución mínima de 1024x768 px, e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG. Deberán presentarse nun sobre cerrado, e no exterior figurará un pseudónimo cun máximo de 10 caracteres. No interior deberán incluir as fotografías nun CD e tamén en papel fotográfico, nun tamaño de 20x25 cm.

Unha vez rematado o prazo do concurso, as fotografías enviadas estarán expostas na páxina web de Turismo do Concello de Narón (www.turnaron.es).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal