Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE LINGUA GALEGA ORGANIZADOS POLO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Máis de 60 persoas participaron nos tres seminarios sobre o Galego no Comercio, a Linguaxe Administrativa, e o Sexismo na Linguaxe.
Narón, 7 de Outubro de 2011.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellería de Ensino –dirixida pola edil Mª del Carmen Espada- organizou diversos cursos de lingua galega ó longo do mes de setembro, co fin de mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía en diferentes ámbitos. Así, ofertáronse tres cursos, nos que participaron un total de 62 persoas que mañá recollerán o seu diploma acreditativo no Concello. Os cursos, cunha duración de 20 horas, foron: O Galego no Comercio (7 persoas), A Linguaxe Administrativa (42 persoas), e O Sexismo na Linguaxe (13 persoas). No curso O Galego no Comercio traballáronse contidos relacionados cos tipos de comunicación que se deben adoptar coa clientela, co vocabulario e a fraseoloxía comercial en lingua galega, e reflexionouse sobre a importancia do emprego da lingua galega no comercio. No curso A Linguaxe Administrativa traballáronse os contidos de técnicas de redacción, característicias dunha linguaxe administrativa moderna, vocabulario e fraseoloxía administrativa, e modelos de documentos administrativos. Por último, no curso O Sexismo na Linguaxe identificáronse fórmulas sexistas en diferentes tipos de textos e propuxéronse alternativas non sexistas. Tamén se realizou un curso de Linguaxe Administrativa Galega na Casa do Concello para o persoal da administración local, que servíu para actualizar a formación do persoal ó servizo desta administración. Os participantes nestos catro cursos recolleron onte os seus diplomas acreditativos, de mans da Concelleira de Ensino e do Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, quen garantizou a continuidade do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, ubicado na 5ª pranta da Casa Consistorial.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal