Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A NARONESA EVA CASTRO VIGO GAÑA O 2º CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA 'QUÉ ME DIS!!'
A NARONESA EVA CASTRO VIGO GAÑA O 2º CONCURSO DE MONÓLOGOS EN LINGUA GALEGA 'QUÉ ME DIS!!'
Presentou un texto tiulado "Quero ser un home", que se pode descargar nesta páxina web.
Narón, 7 de Outubro de 2011.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón convocou o 2º Concurso de Monólogos en Lingua Galega ‘Qué me dis’, cuxos gañadores recolleron hoxe os correspondentes premios no Concello. O certame tivo como obxectivo promover o uso da lingua galega nas novas tecnoloxías, para o cal os participantes tiveron que gravar os seus monólogos en formato de vídeo ou de audio, e posteriormente foron colgados na páxina web do Concello (www.naron.es)

As únicas condicións para poder presentalos foron dúas: estar realizados en lingua galega, e en clave humorística. Os premios ós que se optaban foron unha cámara fotográfica (1º premio), un marco de fotografías dixital (2º premio) e un MP4 (3º premio, que quedou deserto). O prazo de presentación das propostas estivo aberto do 12 de agosto ó 23 de setembro,e presentáronse ó concurso dous monólogos.

O xurado, composto por diferentes membros do Concello, valorou a orixinalidade, a creatividade e a calidade lingüística. Unha parte deles entregaron hoxe o primeiro galardón ó monólogo “Quero ser un home”, da naronesa Eva Castro Vigo. Este monólogo mostra en clave humorística e satírica numerosos estereotipos de xénero que existen respecto a homes e mulleres. Algúns dos estereotipos que se reflicten neste monólogo son os de que as mulleres conducen peor que os homes e que se ocupan máis do coidado dos nenos, ou os de que os homes se preocupan menos pola imaxe que as mulleres e que falan con máis lixeireza de temas escatolóxicos, entre outros.

O segundo premio foi para o monólogo Matemáticas na vida, de Iván González Cartelle, que non puido estar presente para recollelo por motivos laborais. Neste monólogo trátase, de xeito cómico, un tema moi recorrente entre os estudiantes: o medo e os nervios que se pasan cando nos enfrontamos a un exame de matemáticas e como as matemáticas están presentes ao longo de toda a nosa vida e dende xa ben pequenos, pois os nosos pais e as nosas nais nolas inculcan desde que nacemos.

Na entrega do 1º premio celebrada hoxe no Concello participaron o concelleiro do PP Marcos López, a concelleira de Converxencia Galega María Rodríguez Porto, a concelleira de Ensino Mª del Carmen Espada, a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, e a técnico de Normalización Lingüística, Adela Pita.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal