Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SAN MATEO CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA SAMAÍN, O LUNS 31 DE OUTUBRO
SAN MATEO CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA SAMAÍN, O LUNS 31 DE OUTUBRO
Haberá unha exposición e obradoiros de cabazas e maquillaxe, contos de medo e unha procesión nocturna.
Narón, 26 de Outubro de 2011.- O Centro Cívico e Social de San Mateo acollerá o vindeiro 31 de outubro ás 18:00 horas unha nova edición do programa Samaín, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Agrupación Veciñal de San Mateo de Trasancos.

O programa de actos inclúe as seguintes actividades:

A partires das 18:00 horas:

-Exposición de Cabazas (mostraránse os traballos realizados polos escolares de Educación Primaria de Narón)

-Obradoiro de Cabazas e Maquillaxe (obradoiro en vivo de realización das cabazas para que tódolos nenos e adultos coñezan o xeito de realizar e decorar unha cabaza do Samaín).

A partires das 20:00 horas:

-Obradoiro do medo (se realizará un pequeño pasaxe de medo no edificio da Escola de San Mateo)

-Contos do Samaín (este ano están a cargo da compañía de Teatro Os Quinquilláns, que interpretarán un “Apropósito”, peza teatral realizada especialmente para esta ocasión).

-Comitiva de Luces e Tebras (realizarase un pequeño percorrido pola parroquia, coa finalidade da súa visibilización e de facer partícipe ó resto dos veciños/as de San Mateo. Participarán tamén os membros da compañía Os Quinquilláns).

A partires das 21:00 horas:

-Actuación de música tradicional (a cargo dos grupos de música tradicional do Padroado da Cultura).

Ademáis, a agrupación veciñal de San Mateo de Trasancos convidará a tódolos asistentes ó Samaín a unha cunca de caldo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal